14/11/08
A Cova Céltica: Mercedes Queixas e Manuel María
Mercedes Queixas visitounos esta semana para falarnos de Manuel María. O encontro foi cos alumnos e alumnos de 1º e 2º da ESO o pasado luns pola tarde. Para comezar fixo co alumnado de 1º unha visita guiada á exposición que nestes momentos temos no patio do centro sobre este poeta. Na segunda hora, subiu cos de 2º á biblioteca e alí deu unha conferencia sobre a importancia da obra do autor. Destacou del que foi quen de conseguir:
"ser universal sin renunciar ao propio"
Ademais Manuel María é un dos autores galegos máis traducidos a diferentes linguas, feito que demostra que a lingua nunca é unha barreira para ocupar un lugar relevante na literatura universal.
Outra faceta importantísima de Manuel María é a de ser un dos poetas máis musicados, puxo de exemplo o libro "Os soños na gaiola", xa que moitas das cancións da Nova Canción Galega eran versións de poemas deste poeta. En relación coa temática das súas obras, Mercedes Queixas comentou que eran moitas as cousas que o preocupaban e que se reflicten nos seus textos;ela citou fundamentalmente catro:
"a paisaxe, a lingua, as situación das persoas máis desprotexidas e o amor, encarnado na figura da súa dona Saleta.
Para rematar Mercedes leunos algúns dos textos escritos por el, lectura na que colaboraron algún dos presentes.
Finalmente asinou no noso libro de personalidades ilustres, deixándonos unha dedicatoria para todos e todas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario