SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O escritor Isidro Novo realizou un recital poético no que interpretou poemas de autores representativos das etapas da nosa literatura dende as orixes ata o tempo presente . O recital ía acompañado dunha proxección de imaxes relacionadas cos autores escollidos e as súas obras.
Escoitamos entón cantigas medievais de Fernán Esquío, Pero da Ponte; dos autores do Rexurdimento, Rosalía, Pondal... e máis actuais como, Manuel Antonio, Cunqueiro, Luís Pimentel, Antón Avilés de Taramancos, Uxío Novoneyra e Manuel María. Rematou coa lectura dun poema de Fiz Vergara Vilariño, do que trazou un semblanza agarimosa xa que era amigo seu.
Ao finalizar o acto o escritor prometeunos voltar noutra ocasión para celebrar outro recital con poesía actual no que por suposto incluiría os seus poemas.
Isidro Novo naceu en Lugo e el mesmo di que a súa dedicación ás letras vén xa de vello, pois empezou a escribir cando traballaba en cousas que nada tiñan que ver coas literatura:
"De escribrir e rachar papel mentres traballaba en cousas completamente alleas ás letras, pasei pouco a pouco a coller o vicio de gardar"
grazas a iso hoxe ten libros publicados tanto de poesía: DENDE UNHA NADA NÚA, como de narrativa, UN ESCURO RUMOR TRALO SILENCIO, novela longa coa que incorpora a nosa lingua ao xénero de ciencia-ficción tan escasamente cultivado na literatura galega aínda hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario