22/5/09

Inés Cuadrado e a Música da palabra

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Inés Cuadrado escribindo no libro de sinaturas que temos na biblioteca para que os autores que nos visiten nos deixen as súas opinións, comentarios, dedicatorias... Inés deixounos un fermoso texto onde destaca a importancia da palabra:

"A palabra soñada, a palabra lembrada, as ditas e as caladas, as pensadas... Somos palabra. Estamos feitos de palabras, das nosas e das dos outros"

A semana que dedicamos a celebrar as nosas letras culminou o día 15 de maio cunha grande festa da palabra na Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada. Moitos alumnos e alumnas participaron recitando poesías, cantando, interpretando música... Ademais foi o día en que entregamos os premios do VI Certame literario Luísa Villalta. Inés ofreceunos un espectáculo poético musical "A música da palabra". Manu Clavijo, músico e compositor arxentino, puxo a música que acompañou a Inés na súa dramatización de poemas de diversos autores, desde Rosalía de Castro a Luísa Villalta.

Unhas palabras sobre a autora:

Mª Inés Cuadrado é actriz e profesora de teatro, que se formou nas universidades de diferentes países como Arxentina e Gran Bretaña. Na actualidade dirixe en A Coruña a compañía de espectáculos A xente da palabra.

No hay comentarios: