13/5/09

A narrativa de Xavier Alcalá













SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe tivemos a honra de recibir a Xavier Alcalá no noso centro. A reunión tivo lugar na biblioteca Luísa Villalta do instituto. Os asistentes fomos os de 1º de Bach, un grupo de profesores e a nosa bibliotecaria Marisa Naveiro (amiga de Xavier desde os tempos da mocidade). O escritor foi excelentemente presentado por catro alunas de 1º, Sabela, Mariel, Laura e Patricia. Durante máis de hora e media Xavier trazou un percorrido pola súa obra, ao tempo que ía falando da súa amizade con Ramón Piñeiro ou con Andrés Dobarro(a quen lle facía letras para os seus temas musicais) e da situación social. Para rematar falounos da súa última obra "Habana Flash, na que dixo que nela emprendía unha nova aventura literaria, xa que nela el "convertíase" en muller:





"Os escritores son como os actores de cine ou de teatro, xa que adoptan un papel, un personaxe e métense nel", dixo o autor.





2 comentarios:

Lucy dijo...

Ola! Vexo que puxeches as fotos de Xavier Alcala, estivo moi ben a charla, pero eu pasaba a comentar a de hoxe, de Francisco Pillado que resultoume moi interesante.

Sobre todo que falara da vision da muller, creo que es algo que deberiamos reflexionar cada un de nos, y cuestionarnos se as cousas sempre son o que parecen. Moitos quedamos sorprendidos ó ver que escritores coñecidos pensaban iso, e que claro, moitas veces hai mais descoñecido que coñecido.

Bueno, para despedirme, mando este poema de Rosalia de Castro pertencente o libro Follas Novas, que penso que reflexa a sua situacion :

Diréivos tan só que os meus cantares,
así sán en confuso da alma miña,
como sai das profundas carballeiras,
ó comenzar do día,
romor que que non se sabe
si é rebuldar das brisas,
si son beixos das frores,
si agrestes, misteriosas armonías
que neste mundo triste
o camiño do ceo buscan perdidas.

Anónimo dijo...

Ola!o martes gustoume a visita de Xavier Alcalá e ainga que ao principio tiña vergoña por ter que presentalo ao final gustoume.

Tamén me gustou moito a charla de Francisco Pillado xa que pareceume moi interesante que falara sobre a visión que se tiña das mulleres e que tratala de defendelas,xa que todo o que dixo serviu para que reflexionasemos e para que coñeceramos a vision que tiñas escritores moi importantes acerca da muller.

Para despedirme, dicir que esta semana coa visita dos escritores pareceume moi interesante.

patricia 1BachC