O xoves, 16 de maio, recibimos unha visita dun personaxe ilustre. Darío Xohan Cabana escritor, poeta, novelista, tamén membro da Real Academia da Lingua Galega acudiu ao noso centro para dar unha conferencia sobre Darío Álvarez Blazquez de quen é especialista. O acto tivo lugar na bilioteca do instituto, Luísa Villalta e o público estaba composto por alumnado de 1º de Bach (que, por certo este curso leron unha obra súa (Galván en Saor na primeira avaliación(e profesores. A conferencia foi moi interesente e amena, contou cunha primeira parte máis puramente académica sobre a importancia de Álvarez Blázquez na cultura galega, destacando súa faceta como editor, pasando a comentar despois a súa obra, especialmente a poetica. Comentou os diferentes libros de poesía deste autor con mención especial de Roseira do teu mencer e Canle segredo. A conferencia tivo tamén unha parte de achegamento á personalidade do homenaxeado este ano nas nosas Letras, xa que Darío tivo unha grande amizade con este autor e inclusive traballou con el durante catro anos. Xohan Cabana chegou a afirmar que Dar'io 'Alvarez Bl'azquez foi para el *a s'ua universidade*. Dario ilustrou a s'ua exposici'on coa lectura emocionada de varios poemas de Bl'azquez.
3 comentarios:
VISITA
Moi ben a visita e dar as gracias a Darío por vir a xunto nós nunha semana, seguramente, moi chea de actos que tivo que asistir. Tal e como nos dixo que estivera en Vigo. E tamén ás profes que o conseguiron!
menudas cariñas na foto por parte dos presentadores...
que cariñas dis que temos jajaja
ningunha mala ^^
moi certo o que dís da súa semana aturada pero sempre se pode acudir a algún lugar a falar dun bó amigo como eran.
Ó final quedei falando con el para que me dese consellos para escribir a miña novele, sempre é un placer recibir axudas de persoas tan importantes como ela
saúdos a todos
Estibo moi ben a charla, e notábase que tiña moitas anécdotas que contar sobre Álvarez Blázquez. Tamén fíxonos ver o que lle gusta falar e o boa persoa que é con todos os bos sentimentos que ten.
Saúdos.
Publicar un comentario