7/3/08

A cova céltica e Maribel Ortiz




A que aparece na fotografía é a escritora Maribel Ortiz, quen compartiu con nós unha animada

e amena tertulia literaria o pasado xoves. Maribel presentouse como unha adicta aos libros:


"Una de mis pasiones son los libros, soy una de esas personas que sus tiendas favoritas son las librerías"


Confesa que lle encanta entrar nunha librería e ver os libros, as novedades, fixarse nas portadas, tocalos, disfrutalos como se fosen algo larpeiro, libros-bombón que se saborean co sentido da vista. Presentounos varias obras, empezando por O neno do pixama a raias de John Boyne, pediu a opinión dos asistentes, pois moitos xa o léramos. Tamén aproveitou para recomendar algún libros máis como La ladrona de libros de Marcus Zusack, ou Corazón helado de Almudena Grandes ou La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón entre outros. A tertulia chegou ao seu punto quente cando Maribel manifestou que o que ela quería transmitirnos en realidade era a importancia da lectura e plantexou o debate sobre o feito de ler en xeral, por placer, comics, poesía... Os rapaces e rapazas que estaban alí tamén aproveitaron para comentar as súas preferencias.


-Cris Asensio-

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu fun dos asistintes este último xoves ó clube de lectura.
Encantoume como Maribel plantexou o libro,pois pícame a curiosidade agora por ler o libro.
Cando estaba a dicir que os libros son a sua verdadeira paixón,se lle iluminaba a cara e notábase que era certo.Acudir este xoves,animoume a asistir máis veces,pois para ser sinceiro,pensei que me ía gustar algo menos.

Un saúdo.

Jorge Mallo 4ºC

Anónimo dijo...

Unha pena non poder ir a o clube de letura pero xa se sabe que a vida do estudiante e moi dura e non se pode ir a todos os lugares onde un quere ir. Ten moito exito o libro do neno do pixama de raias.
Carlos Dobén Naya 1ºBach.A

Anónimo dijo...

estou moi descontento porque ainda non puiden ir a ningun clube de letura por culpa dos exames pero deixareime caer por ali o proximo sen falta non hai dubida

OSCAR TACON 1ºA BACH.

Anónimo dijo...

Boas tardes!!
gustariame moito aver podido estar cando falaron "Do neno do pixama a raias", xa que lein o libro fai pouco e impactoume moito, pero no puiden ir...

Aver que tal sae o recital de poesia (que vergonza) de mañan,supoño que ben xa que estamos colaborando moitos alumnos coa axuda da profesora Cristina, aida que outros profesores non poñan moito da sua parte...o conseguiremos aida con esos impedimentos!!
un bico

SUSANA QUINTELA 1º BACH A

Anónimo dijo...

Espero poder asistir logo de esta semana santa, por que logo das evaluación teremos máis tempo para estas actividades no instituto

Anónimo dijo...

CLUBE
A ver cando non hai exames para poder volver ó clube, o que máis pena me deu non ir foi ó de Xesús Castro e as súas historias de Sada. Queda moita Sada por coñecer...
De todas formas, tamén da lástima non asistir a este xa que non lin o libro e podería chamarme a atención.

Anónimo dijo...

A VOAR
Mañá temos a presentación da revista do insti A VOAR. Haberá case de todo: recital, palabras dos que o organizan... e a música da banda CRAZY HASH que nos representarán no concurso intercentros de música.

Anónimo dijo...

DE "VACACIÓNS"
A presentación da revista moi ben o venres, no primeiro acto na parte do concierto de Crazy Hash (http://www.myspace.com/crazyhashband ou http://www.crazyhash.es.tl/) á xente costoulles levantarse aínda que o estaban a pasar moi ben, debía de ser a vergonza, pero así que se levantaron uns, todos á vez. No segundo si que xa comezamos en pé. Moi boa colaboración por organizar os actos, tanto dos profes como dos alumnos. O pasamos moi ben.

Anónimo dijo...

Gustounos moito a presentacion
da revista o venres pasado.
Pasamo-lo moi ben lendo os poemas,
escoitando os dos compañeiros e escoitando o grupo que nos representara.
As duas ultimas veces non puidemos asister o club de lectura ,xa que tiñamos que ir a pasantia e estudar.


Un Saúdo.


Patricia Olmedo
Laura Portomeñe
4ºC

Anónimo dijo...

O venres 14 celebrouse o acto de presentación da revista A VOAR, e gustoume moito a actuación do grupo CRAZY HASH que vai representar o noso instituto no concurso intercentros, aínda que tamén gustoume moito o recital de poesía e foi un honor participar nel.

Anónimo dijo...

O da cova celtica esta moi mal posto.Alguns alumnos sempre temos exames o venres e non podemos asistir e a algúns gustaríanos participar.Aínda así, o chamar a autores para falar dos seus libros esta moi pero que moi ben.Algún día se deus quere,publicarei o meu libro e serei eu que lle fale os nenos maís cativos ca min.Espero ese día.


Para non ocupar outro comentario, o venres foi a festa no insti coa presentación da revista a voar.Saiu ben(podería ser mellor).O que máis lle gustou os rapaces foi a actuacón do grupo Crazy Hash(José,Toreto,Outon e Ramiro),con eles imos gañar o festival intercentros...

Anónimo dijo...

Presentaciòn da revista A VOAR:

Como xa dixeron os meus compañeiros o venres foi a presentaciòn da revista A VOAR ; aunque tamèn tivemos otro tipo de actuaciòns como por exemplo: presentacion do grupo CRAZY HASH que nos representarà nòs intercentros, e un grupo de alumnos de 1 de bacharalato e 4 da ESO fixeron un recital.A verdade è que foi un venres diferente pero divertido.