7/3/08

Centenario de Curros Enríquez


Un 7 de Marzo de 1908 morría na Habana (Cuba) o poeta ourensán Manuel Curros Enríquez. Cen anos despois a súa importancia segue en auxe, xa que o seu esforzo, e contribución á dignificación da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa terra, aínda bate con forza nas nosas conciencias co gran tesouro que nos deixou en herdo: a obra escrita, as palabras. Curros nacera en Celanova un 15 de setembro de 1851 nos albores do Rexurdimento pleno e foi dos primeiros poetas sociais da época contemporánea. A súa obra máis importante Aires da miña terra foi publicada o mesmo ano que Follas Novas de Rosalía de Castro e ese mesmo ano tamén sufriu un proceso xudicial xa que o denunciou o obispo de Ourense, acusándoo de atacar dogmas da relixión católica nos poemas titulados "A igrexa fría" e "Mirando ao chau"; foi condenado a pagar unha multa de duascentas cincuenta pesetas e dous anos , catro meses e un día de cadea. Finalmente foi absolto. En 1894 vai para a Habana e alí decidiu instalarse. Desde alí contribuiu decisivamente a que por fin se fundase a Academia Galega en 1906. En 1908 o alcalde da Coruña, don Xan Sánchez Anido, publicou un bando no que anunciaba a chegada dos restos mortais de Curros e pedía aos veciños que engalanases as fachadas das casas con distintivos alusivos ao loito que Galicia gardaba polo seu poeta. Cando chegaron os restos foi recibido por unha multitude enorme, falouse de que corenta mil persoas acudiran ao seu enterro.


Velaquí os últimos versos de "Mirando ao chao"


...Viu malos gobernos

que falsos i aleves

co xugo dos pobos

engordan e crecen;

cregos que, feroces

como cans doentes,

cun fusil ó lombo

predican ós fieles;

ricos que, roubando,

as gavetas enchen;

médicos das quintas

que dan por encrenques

(mediante catro onzas,

cando non son sete)

mociños que ó cabo

tocan o pendengue,

a seus pais perdendo

co aforro que perden;

homes esfameados,

emporras mulleres

espigados nenos

que non saben lere,

i en fin, cantas cousas

que non deben verse,

que Dios, arripiado,

i as cruces facendose,

coñecida a causa

de que o inferno medre,

meteuse na groria

dicindo entre dentes:

-Si eu fixen tal mundo,

que o demo me leve"
¿De que tratan estes versos de Curros? ¿Que queren dicir os dous últimos versos?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha verdadeira pena que morrese un escritor coma este, xa que foi galego e tiña moi boa fama e recoñecimento en boa parte do mundo.
os seus poemas son todos fermosos.
Carlos Dobén Naya 1ºBach.A

Anónimo dijo...

eu penso que o que Curros quere dicir con estes dous ultimos versos � qu� hasta o creador do mundo(un suposto deus) est� arrepentido do seu traballo................

OSCAR TACON 1�"A" BACH.

Anónimo dijo...

Eu tamen penso que Curros foi do mellor que deu Galiza ó falar de escritores masculinos porque en mulleres a millor foi Rosalía(en galego) e Pardo Bazán(castelán).

OSCAR TACON 1ºBACH A

simon rodriguez 1º bach a dijo...

Un gran home , un home que quedará para a nosa historia , todos lle debemos moito , polo ben que lle propinou a Galiza en tempos peores.Oxalá houbera máis xente coma el

Andy dijo...

VERSOS
Desde o meu punto de vista, Deus, que creou os gobernos para a xustiza a igrexa... atopábanse nun lugar contrario ó que él quixo, é dicir, de entre os dous camiños que puideron coller, foron polo malo. Un símil é o das mediciñas que se inventan para curar pero que algúns malintencionados as usaron para destruír, matar, etc. de aí a que dixese o mesmo Deus que si fixo tal mundo que o demo lle leve xa que non actuaron como el tiña plantexado.