2/3/08

Parabens!!

Parabens para a mocidade xurdia deste instituto. Quero felicitarvos pola vosa participación e porque sodes "superxurdios", ademais da lectura dos vosos comentarios se desprende que sodes xentes con gran sensibilidade, sobre todo polo que se refire á figura de Isaac Díaz Pardo. Penso que debiamos escoller algunha das vosas dedicatorias e enviarllas por correo.
Son tamén moi interesantes os comentarios que facedes dos cadros dos compañeiros e compañeiras de Plástica basados na obra de Isaac .
Polo que se refire á interpretación do poema de Rosalía, penso que acertades. Por outra parte non nos queda máis remedio que quedarnos coa nosa interpretación subxectiva xa que a autora non deixou revelado o misterio da "negra sombra", o que si parece claro é que se trata de algo que está presente en todos os momentos da súa vida e que pode tratarse de algo negativo.
Tamén quero agradecervos a vosa participación no Club de Lectura, "A Cova Céltica", e ademais é unha satisfación para nós ler as vosas opinións tan positivas ao respecto. Ánimo e seguide asistindo.
Para rematar lembrade que existe unha cousa chamada Ortografía e invítovos a todos e todas a facer un esforzo en tratala co maior mimo posíbel.
Felicidades a todos e todas e especialmente a Carlos Dobén Naya de Iº de Bach A pola súa constancia en deixarnos os seus estupendos comentarios.
Cris Asensio

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non puiden levar unha constancia deixando comentarios debido a tódo-los exames que temos e algunhas actividades que teño extraescolares, pero recientemente he posto uns cantos comentarios en entradas anteriores que espero que gusten.

Anónimo dijo...

Fíxome gracia o comentario que fas nesta última entrada sobre o tema da ortografía,aínda que eu intento poñer todas as tildes costame traballo porque cando escribo no ordenador teño a costume de abreviar as palabras,e escribindo en galego custa máis,pero intentaré ser todo o preciso posible respeto a este tema.


Hoxe acudín o clube de lectura,onde Maribel Ortiz falou en concreto da novela El Niño Del Pijama a Rayas.Gustoume moito como tratar o libro,xa que eu non o lera antes,e agora sei que é unha boa obra.Será un placer volver a acudir a "A Cova Céltica".

Un saúdo.

Jorge Mallo 4ºC

Anónimo dijo...

estou dacordo con meu compañeiro Jorge Mallo , nos facemos todo o posible para que os comentarios que deixamos sexan ortograficamente correcto , pero non sempre o son , a min custame moitìsimo traballo escribir en galego ainda asì , aquì estou !!.


a verdade è que todos os comentarios que e lido desprenden sensibilidade , e iso nesta idades e moi gratificante xa que cada vez maìs a xunventude custalle espresar os seus sentimentos.

Anónimo dijo...

o comentario anterios pertenece a : Julia Henriques 1 bach A