27/1/11

Día da Paz. Por que o 30 de xaneiro?



Cada ano, dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da No violencia e a Paz en conmemoración do día da morte de Mahatma Gandhi, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non-violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, se fixese realidade. Tamén se conmemora a morte doutro pacifista, Martin Luther King, que foi asasinado ao igual que Gandhi e do que aprendeu que a resistencia pacífica era a arma máis potente en mans dos oprimidos que loitaban pola súa liberdade. Os americanos escolleron o 15 de xaneiro, día do seu nacemento en 1929 como o día de Luther King.

Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Guxarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.
Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico. O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).
O dia 30 de xaneiro de 1948, Gandhi foi asasinado a tiros, en Nova Delhi.

No hay comentarios: