30/1/11

Recomendación dun compañeiro do noso club de lectura

Ola, eu son Yago Vicos, de 1º da ESO .
Eu lin un libro chamado Harry Potter e a pedra filosofal.
Este libro gustoume moito, é unha historia de aventuras moi interesante.
Esta historia trata sobre un neno orfo que descobre que é un mago, e de alí, xorden as aventuras.
Coñece tamén alí a un neno e unha nena, e que máis adiante, fanse moi bos amigos os tres.
Seguro que todo o mundo viu esta película, pero asegúrovos que o libro está moito mellor.


Harry Potter e a pedra filosofal é a primeira novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O libro describe como Harry descobre que é mago e como comeza os seus estudos na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería á par que vai coñecendo o seu verdadeiro pasado agochado polos seus tíos e frustra un intento de volver do Señor Escuro, Lord Voldemort, o autor dos asasinatos dos seus pais e que intentara matar a Harry cando tiña un ano.
O libro saíu á venda o 30 de xuño de 1997 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no mes de xaneiro de 2003 en Galicia pola Editorial Galaxia

No hay comentarios: