29/9/13

Formación de Lectores

Aquí tedes  outras actividades  de  formación de lectores elaboradas polo  grupo  de bibliotecas  do  IES  As  Mariñas  de Betanzos. Seguro  que nos  serven  para  aprender  algo máis  sobre  as  bibliotecas e  que  despois nos axudarán a coñecer a nosa.
Pincha  no  seginte enlace  para  facer estas  interesantes actividades
http://centros.edu.xunta.es/iesasmarinas/Biblio/formacion/index.htm

Formación de lectores Curso 2013-14


 Este ano levaremos a  cabo   a formación de usuarios  centrada  nos cursos da ESO. Os  titores poden acceder a distintas actividades promovidas desde o  grupo  de biblioteca  na  súa hora  de titoría e  despois  os rapaces  subirán á  biblio.
Aquí temos unha serie de actividades para coñecer máis a biblioteca, como se organiza e como buscar os libros. Grazas ao traballo do CEIP de Pedrouzos. 


Pincha neste enlace e a ver se consigues acertar todo.


17/9/13

Curso 2013-2014. Pásate pola Biblio



Anímate a subir á biblio, xa sabemos que está un pouco lonxe, pero tentaremos facer novas actividades para todos. Podes levar os libros de lectura, consultar material para algún traballo, ler a prensa ou consultar os ordenadores ...
Pásate pola BIBLIO


29/4/13

Exposición Historia do libro e da escritura

Rematamos  esta  semana  coa   exposición  Historia do  libro e da escritura que  nos  cedeu o IES  Fernando  Esquío  de Neda.  Os  nosos  agradecementos  a  Begoña polas  facilidades e  a  súa  axuda. Aquí  podedes  ver algunha  fotos  da  exposición .  Tamén  agradecemos  aos profesores que  nos  prestaron   libros e  outro  material para  a exposición.Grazas a  Montse,  Luis, Inés, Celia, Marisa, Ana Díaz, Mari Cruz  pola súa   colaboración.




12/4/13

Explicación da escritura cuneiforme


Video  moi  interesante sobre a escritura  cuneiforme.
.

6/4/13

Do papiro ao computador



Documental  brasileiro  no que explica a evolución da  escrita .

Como se elaboraban os códices medievais

A  travé  dos códices  chegáronnos  a  maioría  de  todo o material  literario  da Idade Media . Neste  enlace  vese  perfectamente todo o proceso  ( está  en inglés, pero  merece  a  pena   velo).


Elaboración dos códices

Como se elabora o papiro



 
Directamente desde  Exipto  dunha  das  casas que  fabrican e venden  papiros. Unha  demostración da  súa  elaboración.

Dia do Libro 23 de Abril

Co  gallo  do  Día  do Libro  recibimos unha  exposición  relacionada   coa  historia  do libro e da  escritura moi interesante elaborada  polas  compañeiras  da biblioteca  do  IES  Fernando Esquío de Neda.


 Acompañando a  exposición  nós  elaboramos  un caderniño cunha  serie de actividades.  Completa  o  teu caderno  e entrégao  na  Biblioteca. Recibirás un  agasallo.

24/2/13

Concurso Tarxetas de San Valentín



Outro  ano  máis   e   aquí  temos  os  gañadores  no  noso  concurso. Agradecemos  a  todos   a súa  participación e o  alto nivel  dos  traballos presentados.




Día de Rosalía 24 de Febreiro



Un  ano máis  sumámonos  á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, unha das datas sinaladas  do noso país. Pero nesta ocasión, a celebración é dobre porque neste 2013 cúmprense os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia.
Se  queres  saber  máis  cousas  sobre  Rosalía  e  a  súa  obra  podes  facer  as  seguintes actividades LIM  elaboradas  pola  Biblioteca  do  CEIP  Alexande Bóveda. Preme  AQUí ,  saberás  algo máis  sobre Rosalía  e  a súa  obra.

Cada 24 de febreiro lembramos o nacemento de Rosalía de Castro, poetisa sen par e unha das nais indiscutibles da nosa lingua nai.
Ler a súa obra e manter vivo en cada un de nós o seu compromiso coa lingua e coa paisaxe deste anaco de mundo que chamamos Galicia é unha das mellores maneiras de renderlle homenaxe.
Neste enlace atoparás toda a información sobre Rosalía, ademais de moitas fotos antigas moi interesentes para coñecer os lugares nos que viviu ou que influiron na súa obra.
http://www.rosaliadecastro.org/

27/1/13

Día da Paz 30 de Xaneiro

O día 30 de Xaneiro celebramos o
 Día Escolar pola Paz e a Non Violencia en conmemoración da morte de Gandhi.

No  seguinte  enlace  atoparás  un  LIM  con actividades  relacionadas   co  Día  da  Paz.
Ademais   coa  colaboración  de  todos podemos  facer  pombas  da paz   de papel  seguindo este  video.  

20/12/12

Un libro para o Nadal



Este ano na biblio quixemos celebrar o Nadal recomendado un libro, un libro para o Nadal, coa colaboración de varios cursos da ESO decoramos o noso Recuncho da Biblioteca. Aquí tedes as fotos.




 

Bo Nadal 2012 para todos

Os contos dos irmáns Grimm cumpren hoxe 200 anos

O 20 de decembro de 1812 viu a luz a primeira edición dos clásicos infantís recompilados e elaborados polos alemáns Jacob e Wilhelm Grimm a partir de de unha serie de contos de tradición oral da cidade alemá de Kassel. En 1815 publicouse un segundo volume. A colección dos contos de fadas dos irmáns Grimm foi ampliada en 1857. Os manuscritos destes contos de fadas, propiedade da biblioteca da Universidade de Kassel, forman parte desde o ano 2005 do Patrimonio Cultural da Humanidade.
O bicentenario dos contos dos Irmáns Grimm dá o pistoletazo de saída en Alemaña ao ano Grimm, que arrincará dentro de doce días co comezo do 2013 e terá como centro neurálxico a cidade xermana onde viviron os dous escritores entre 1798 e 1841.
Blancanieves, como Pulgarcito, como Hansel e Gretel, como a Cincenta, a Bela Dormente e tantos outros personaxes das aventuras coas que os nenos comparten a súa infancia tiveron a súa orixe na pluma de Jacob e Wilhelm Grimm, nos contos dos Irmáns Grimm, moi unidos tamén no compromiso polo estudo e o rigor científico como profesores universitarios que eran na Alemaña romántica. Esa dedicación voraz dos Irmáns Grimm cara á súa cultura fixo que cun detallismo propio dos estudos etnográficos actuais recollesen lendas, contos e fábulas, respectando a sinxeleza e espontaneidade do discurso oral. Eses clásicos de hoxe, eses contos dos Irmáns Grimm, que foron recompilados e publicados entre 1812 e 1817, foron tamén traducidos como Contos infantís e do fogar.

13/12/12

O Día dos Dereitos Humanos no Recuncho da Biblioteca

Información  sobre os  Dereitos Humanos  no Recuncho da Biblioteca

As  nosas recomendacións  de  lecturas relacionadas con este  día


Club de lectura inglés