Aquí tedes outras actividades de formación de lectores elaboradas polo grupo de bibliotecas do IES As Mariñas de Betanzos. Seguro que nos serven para aprender algo máis sobre as bibliotecas e que despois nos axudarán a coñecer a nosa.
Pincha no seginte enlace para facer estas interesantes actividades
http://centros.edu.xunta.es/iesasmarinas/Biblio/formacion/index.htm
29/9/13
Formación de lectores Curso 2013-14

Este ano levaremos a cabo a formación de usuarios centrada nos cursos da ESO. Os titores poden acceder a distintas actividades promovidas desde o grupo de biblioteca na súa hora de titoría e despois os rapaces subirán á biblio.
Aquí temos unha serie de actividades para coñecer máis a biblioteca, como se organiza e como buscar os libros. Grazas ao traballo do CEIP de Pedrouzos.
Pincha neste enlace e a ver se consigues acertar todo.
17/9/13
Curso 2013-2014. Pásate pola Biblio
Anímate a subir á biblio, xa sabemos que está un pouco lonxe, pero tentaremos facer novas actividades para todos. Podes levar os libros de lectura, consultar material para algún traballo, ler a prensa ou consultar os ordenadores ...
Pásate pola BIBLIO
29/4/13
Exposición Historia do libro e da escritura
Rematamos esta semana coa exposición Historia do libro e da escritura que nos cedeu o IES Fernando Esquío de Neda. Os nosos agradecementos a Begoña polas facilidades e a súa axuda. Aquí podedes ver algunha fotos da exposición . Tamén agradecemos aos profesores que nos prestaron libros e outro material para a exposición.Grazas a Montse, Luis, Inés, Celia, Marisa, Ana Díaz, Mari Cruz pola súa colaboración.
16/4/13
12/4/13
10/4/13
6/4/13
Como se elaboraban os códices medievais
A travé dos códices chegáronnos a maioría de todo o material literario da Idade Media . Neste enlace vese perfectamente todo o proceso ( está en inglés, pero merece a pena velo).
Elaboración dos códices
Como se elabora o papiro
Dia do Libro 23 de Abril
Co gallo do Día do Libro recibimos unha exposición relacionada coa historia do libro e da escritura moi interesante elaborada polas compañeiras da biblioteca do IES Fernando Esquío de Neda.
Acompañando a exposición nós elaboramos un caderniño cunha serie de actividades. Completa o teu caderno e entrégao na Biblioteca. Recibirás un agasallo.
24/2/13
Concurso Tarxetas de San Valentín
Outro ano máis e aquí temos os gañadores no noso concurso. Agradecemos a todos a súa participación e o alto nivel dos traballos presentados.
Día de Rosalía 24 de Febreiro
Se queres saber máis cousas sobre Rosalía e a súa obra podes facer as seguintes actividades LIM elaboradas pola Biblioteca do CEIP Alexande Bóveda. Preme AQUí , saberás algo máis sobre Rosalía e a súa obra.
Ler a súa obra e manter vivo en cada un de nós o seu compromiso coa lingua e coa paisaxe deste anaco de mundo que chamamos Galicia é unha das mellores maneiras de renderlle homenaxe.
Neste enlace atoparás toda a información sobre Rosalía, ademais de moitas fotos antigas moi interesentes para coñecer os lugares nos que viviu ou que influiron na súa obra.
http://www.rosaliadecastro.org/
27/1/13
Día da Paz 30 de Xaneiro
O día 30 de Xaneiro celebramos o
No seguinte enlace atoparás un LIM con actividades relacionadas co Día da Paz.
20/12/12
Un libro para o Nadal
Este ano na biblio quixemos celebrar o Nadal recomendado un libro, un libro para o Nadal, coa colaboración de varios cursos da ESO decoramos o noso Recuncho da Biblioteca. Aquí tedes as fotos.
Os contos dos irmáns Grimm cumpren hoxe 200 anos
O 20 de decembro de 1812 viu a luz a primeira edición dos clásicos infantís recompilados e elaborados polos alemáns Jacob e Wilhelm Grimm a partir de de unha serie de contos de tradición oral da cidade alemá de Kassel. En 1815 publicouse un segundo volume. A colección dos contos de fadas dos irmáns Grimm foi ampliada en 1857. Os manuscritos destes contos de fadas, propiedade da biblioteca da Universidade de Kassel, forman parte desde o ano 2005 do Patrimonio Cultural da Humanidade.
O bicentenario dos contos dos Irmáns Grimm dá o pistoletazo de saída en Alemaña ao ano Grimm, que arrincará dentro de doce días co comezo do 2013 e terá como centro neurálxico a cidade xermana onde viviron os dous escritores entre 1798 e 1841.
Blancanieves, como Pulgarcito, como Hansel e Gretel, como a Cincenta, a Bela Dormente e tantos outros personaxes das aventuras coas que os nenos comparten a súa infancia tiveron a súa orixe na pluma de Jacob e Wilhelm Grimm, nos contos dos Irmáns Grimm, moi unidos tamén no compromiso polo estudo e o rigor científico como profesores universitarios que eran na Alemaña romántica. Esa dedicación voraz dos Irmáns Grimm cara á súa cultura fixo que cun detallismo propio dos estudos etnográficos actuais recollesen lendas, contos e fábulas, respectando a sinxeleza e espontaneidade do discurso oral. Eses clásicos de hoxe, eses contos dos Irmáns Grimm, que foron recompilados e publicados entre 1812 e 1817, foron tamén traducidos como Contos infantís e do fogar.
13/12/12
O Día dos Dereitos Humanos no Recuncho da Biblioteca
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











