1/7/07

2008: Xosé María Álvarez Blázquez


O próximo ano será celebrado Xosé María Álvarez Blázquez a quen A RAG destacou que Álvarez Blázquez foi "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura", e destacou tamén o seu "importante labor" como editor.
Naceu en Tui no 1915 (-1985). Militou no Partido Galeguista e fondou a Editorial Monterrey e posteriormente Edicións Castrelos. No 62 formou parte da RAG.
É un claro representante do Neotrobadorismo, vangarda poética xurdida no 1930.

ISE NENO DA RÚA
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡

Por Susana





No hay comentarios: