11/2/08

24 de febreiro

O día 24 de febreiro é o día de Rosalía en representación dos escritores e escritoras. Para ir facendo boca colgamos aquí o poema con un dos símbolos máis emblemáticos da nosa escritora: Negra sombra.

Recomendamos a lectura deste poema e esperamos aquí a vosa opinión:

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos mues cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Follas Novas, -Do íntimo-, 1880



¿Que pode ser a "negra sombra"?

11 comentarios:

Anónimo dijo...

UNHA MULLER GALEGA

Unha muller galega que deu todo por Galicia incluso un día, o 17 de Maio que é para ela, por ela e para todos nós.
(non é unha resposta á pregunta negra sombra, pero si unha lembranza dela)

Anónimo dijo...

Sorprennte como unha muller na época na que se atoparan,poidera escribir versos tan fermosos,incluso superando os feitos dos homes.Por iso debe considerarse unha das primeiras mulleres escritoras.Todo iso,como o diciu o meu anticipado compañeiro Pampín,é normal adicarlle o pimeiro ao das letras galegas.Moi fermoso o poéma.

Anónimo dijo...

NEGRA SOMBRA
Desde o meu punto de vista e verificando os meus pensamentos, penso que negra sombra é a presencia da morte.

Anónimo dijo...

Ó meu paracer a Negra sombra refírese a melancolía,ese sentimento dunha profunda pena e tristura.Tamén podémolo semellar a saudade ou tristura pola terra de Galiza.
Todo iso o meu parecer

Anónimo dijo...

A NEGRA SOMBRA

Dende o meu punto de vista a negra sombra representa a morte dun familiar próximo....

Anónimo dijo...

Hai moitas formas de interpretalo poema, cada vez que o leo penso que é unha cousa distinta, esta última vez pensei no amor.

Anónimo dijo...

Nós pensamos que Rosalía de Castro quere representar con este poema a unha conciencia que sempre está presente e que lle é moi importante a ela.



Cristina y Ana 4ºESO B.

Anónimo dijo...

Paréceme un poema fermosísimo,de feito é un dos que máis me gusta de Rosalía.
Na miña opinión a negra sombra,é a lembranza dalgún ser querido que lle morrera e que bota de menos.

Anónimo dijo...

A negra sombra que a persegue é un sentimento que non a deixa vivir en paz.Non pode olvidalo pois sempre o ten presente na súa mente.

Jorge Mallo
Anabel Martínez
4ºC

Anónimo dijo...

Eu penso que negra sombra refírise ao sentimento de ela de pena pola morte dun namorado que había tido ela....hai moitas hipótesis sobre este poema,non se sabe moi ben...

O que si que se sabe é que é precioso.!!!

Saúdos
Marina López 1ºA BACH

Anónimo dijo...

Eu creo que a "negra sombra" podería ser a soidade que sentía Rosalia por algún motivo que non coñecemos, ou, incluso, a morte, que a fai sentirse triste e meláncolica polo falecimiento dun familiar ou dun amigo, o que lle leva á conclusion de que a calquera de nós pódenos chegar a hora en calquer intre.