16/2/08

A Cova Céltica


A tarde do pasado xoves, 14 de febreiro, o director do noso instituto, Adolfo Gabín, acudiu á tertulia literaria da biblioteca para comentar a triloxía titulada El juez de Egipto. Esta obra está escrita polo doutor en Exiptoloxía Christian Jacq, nacido en París en 1947. Adolfo falounos con moito entusiasmo desta obra ambientada no Exipto dos faraóns. Relatou con detalle o argumento, destacando que o máis interesante da obra é a mestura entre a ficción, a intriga novelesca e a historia real que nos achega á civilización exipcia:

"Nunha historia de ficción o autor, Jacq, cóntanos a historia de Exipto"

Puxo precisamente o acento no feito de tratarse dunha obra de divulgación con rigor histórico, de poñer ao alcance do público aspectos sobre a vida cotián na época dos faróns dun xeito ameno e entretido, a través do fío conductor dunha conspiración, que mantén ao lector enganchado ata o desenlace, no terceiro dos libros, xa que ademais a novela contén unha sorpresa final: o gran conspirador é alguén inesperado.

Outras das características que fan interesante esta obra son, na opinión de Adolfo, os personaxes coas súas vivencias e paixóns ("chegades a ver unha fotografía dos personaxes"), a abundancia de diálogos que fan que a lectura sexa dinámica e non canse e o feito de que os capítulos non sexan moi extensos xa que iso facilita que poidamos ler en situacións insospeitadas como poden ser ¡¡¡os descansos dos partidos de baloncesto!!!

Estamos pois ante unha lectura moi recomendable e o noso director anímanos a que leamos esta obra no verán. ¡Tomamos nota!




7 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha pen,unha verdadeira pena.Non poder ir á Cova Céltica.Estase vendo que moita xente acudiu o encontro e que todos estaban atentos,debe de ser bo o libro...Como é? EL juez de Egipto,tomarei nota e o intentarei ler en pouco tempo.Espero que non me defraude ,pero visto o visto,cro que non seráasí.

Anónimo dijo...

Eu estiven presente nesta tertulia literaria ,ó lado do meu compañeiro Xosé Andrés, na que o noso director, Adolfo, falounos moy ben dunha triloxía que el considerou como unha das obras que máis lle gustou ler, e creo que a min tamén seríame de moito agrado leela, xa que me gustan as historias de exipto e todolos enigmas que hay neste lugar.

Anónimo dijo...

A Cova Celtica, e unha estupenda idea para fomentar a lectura e tamen para poder comentar os libros lidos xunto cos teus compañeiros de instituto. Creo que vai ter exito este clube de lectura.
Carlos Dobén Naya 1ºBach.A

Anónimo dijo...

Fai dous xoves estivemos na tertulia da Cova Céltica e pareceunos moi entretida,ademais acudiu mais xente da que nós pensabamos.O problema é que o horario coincídenos coa pasantía, polo tanto non poderemos asistir sempre.
O tema de Exipto gústanos e a historia tratada tamén, asique probablemente no verán comezaremos a ler a triloxía.

Anónimo dijo...

Eu tamén estiven na tertulia da Cova Céltica e pareceume moi interesante, no verán posiblemente mercarei un libro que sexa relacionado con Exipto, a verdade é que pareceume apasionante as súas costumes e todo

Anónimo dijo...

Eu estiven ese día alí.A verdade é que a Adolfo notábaselle bastante que esas obras encantáronlle,ás lía nos descansos do partido de baloncesto...!!!Falou delas cun gran aprecio e as contaba coma se el fose o protagonista da historia,e nós sentímonos moi cómodos na Cova Céltica,ademáis por un número non me tocou unha entrada de cine...Terei que volver para intentalo outra vez!!!

saúdos

Marina López 1ºA BACH

Anónimo dijo...

Eu aínda non puiden ir ningunha vez a ninguna destas tertulias, debido ó exceso de exames, pero espero atopar unha tarde libre algún dos días nos que dan lugar.

Saudos.