28/2/08

Xesús Castro na Cova Céltica


Hoxe tivemos un nova cita con club da lectura na nosa "Cova Céltica". Xesús Castro veu ao noso centro a participar con "Historias de Sada á lus do candil". A súa foi unha charla moi atractiva xa que todos queriamos saber como era a vila de Sada na época dos nosos avós. Por espacio dunha hora foi revivindo diferentes aspectos da vida aquí, aló polos anos 3o e 4o. Diversións, festas, bailes, as telleiras onde se fabricaban productos con barro, os xogos, a escola, o tranvía, a arquitectura mariñeira, a poboación, a emigración, e a guerra civil en Sada, foron dibuxándose na nosa imaxinación coa axuda do seu relato.

De cada un destes apartados podemos destacar algunhas anécdotas que pensamos non esquencer; por exemplo que nesta época se tardaban dúas horas no tranvía a Coruña, ou que a mocidade máis finoqueira da cidade viña acó a divertírse; tamén dicir que a poboación descendeu desde 1936 en Sada nunhas 2000 persoas a causa da emigración, . Falounos da Escola Sada y sus Contornos fundada por Lugrís Freire e na que el estudiou durante dous anos e de como esta escola foi incautada polos militares no 36 que a convertiron nunha especie de cuartel militar e de como a destrozaron. Outro aspecto da educación na vila era o de que as rapazas non podías ir á escola pública, tiñan que estudiar nas escolas privadas que impartían mulleres, como a das Boticarias. A única escola mixta foi a de Sada y sus Contornos cando a República, pero os rapaces estudiaban nunha parte da escola e as rapazas noutra. Tamén lembrou a chegada do tranvía a Sada e o seu percorrido con mención especial do Tranvía Siboney e de como cando chovía tiña que ir un home secando as vías ou botando area cando xiaba.

A estructura da vila coas súas casas mariñeiras, o barrio da Tenencia que era moi bonito naquel entón e hoxe desaparecido pola especulación, outras casa modernistas, como A Terraza, e que tamén foron sendo derrubadas para construir novos edificios. O baile dos xóvenes no Moderno (hoxe Baroque) cun piso de arriba onde había palcos nos que se poñían as nais das rapazas para vixiar o que alí pasaba. Contounos que na parte alta deste edificio estaba antigamente o concello,

Canto a diversión da xuventude era semellante ao de agora pero non se facía botellón. A xente non bebía por beber. Si se bebía, facíase dunha maneira máis natural, porque había unha festa, no monte de Lixandre, e comendo mexilóns e bebendo no viño podías coller un chea sen decatáreste pero non era iso de xuntarse nun sitio e beber ata fartar.

Os xogos tamén tiveron o seu momento na parolada, "arcos de ferro", "a billa", "a uva"... "o fútbol era o máis importante, o que pasaba era que non había campo.

A guerra en Sada foi o suceso máis dramático ha historia da vila. O seu irmán tamén sufriu o horror da confrontación, morreu, desapareceu, non saben ben o que pasou. Como era de familia republicana, pasárono moi mal. En Sada pasouse moito medo, pola represión, mataban a xente sin ser de partidos políticos nin nada,

"matáronos simplemente porque non tiñan as mesmas ideas ca eles".

""Mataron a once persoas, deixábanos tirados pola carretera".

Conta que aqueles foron anos fame e miseria:

- "eu non sei nin como vivimos", di Xesús.

A conversa remata pero antes van circulando uns vellos libros que trouxo consigo de cando estudiou na Coruña, para ensinarlle aos rapaces, que os miraron con curiosidade e interese comprobando que diferentes eran dos de hoxe.

Xesús promete voltar outra vez para seguir contando as súas historias da vila e para falarnos de algo que parece entusiasmalo: os tranvías.

Ata pronto, entón.
C.A.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas!
Onte pola tarde viñemos o instituto ò clube de lectura e veu Xesús Castro, que é un veciño de 81 anos de Sada que nos contou o que facían cando eles eran rapaces da nosa idade.


Cristina e Raquel 4ºB

Anónimo dijo...

menudo xefe o Xesús Castro!!!!
con so eer isto ainda que non puiden ir a cova cética doume conta.

Anónimo dijo...

CLUBE
Hai cousas moi importantes que non están nos libros, como falara eu no caso da humildade e esforzo de Isaac Díaz Pardo, e neste caso a historia da nosa vila, Sada.

Anónimo dijo...

Foi unha pena que ningún de nós puidésemos ir ó clube, xa que tiñamos exame ó día seguinte. A min habríame interesado moito debido a que me gustan moito as historias de Sada e eu tamén fun ó colexio de Sada e os seus contornos durante 6 anos, nos cales gocei moito dese colexio, aínda que esté un puco en ruínas...

Anónimo dijo...

Lendo o que poñia parece que foi unha pena non poder ir ao clube da lectura que debeu de estar moi interesante, pero xa se sabe os exames son o primeiro polo que se ai que preocupar.Bueno maña primeira representacion do teatro a ver que tal sae.....
Carlos Dobén Naya 1ºBach.A

Anónimo dijo...

Unha pena non poder oir as anecdotas sobre a miña terra,pero como xa dixeron os meus compañeiros...debemonos os estudios e os exames son necesarios,espero que volte pronto para poder oir as úas historias

Anónimo dijo...

CLUB DA LECTURA

A verdade è que pareceme unha actividade moi entretida na cal pòdese aprender moitìsimas cousas .O certo e que non tido o tempo necesario para ir debido aos estudios, e foi unha lastima non haber ido a de Xesùs Castro cuxa charla era falar sobre como era antigamente a vila de sada , e iso a min interesabame xa que eu veño de otro paìs , e todo o que sexa aprender cultura sempres està moi ben.

Anónimo dijo...

Foi unha magoa non poder asistir a esa sesión da COVA CÉLTICA, dado que falaban de todo o que Sada cambiou e o que era, creo que pagaba a pena.