Velaquí a reproducción da dedicatoria que Isaac escribiu no libro de personaxes ilustres. Vai dedicado a toda a mocidade de Sada, da que di que é "xurdia";
¿Que quere dicir "xurdia"?
Deixa a túa opinión sobre o contido da dedicatoria e podes facerlle ti unha tamén a el.
13 comentarios:
Xurdia quere dicir perosoa viva, animada, alegre.
Gustounos moito a homenaxe a Isaac Díaz Pardo e apréciase que a el lle gustóu e sintíuse moi emocionado.
A dedicatoria é moi bonita e gustanos moito, Isaac parece moi simpático e agradable.
Helena Pradera Cabo 4ºC
Samuel Losas Iglesias 4ºC
Xurdia significa: adxectivo de persoas moi vivas , alegres e con entusiasmo.
Para Isaac Díaz Pardo:
Estamos moi orgullosas de que o noso centro leve o seu nome. É máis que un nome, é o traballo que fixo vostede por todos nós.
Gustounos moito facer interpretacións dos seus cadros, porque nos parecen que teñen moito significado.
Unha aperta.
Desexamos volver a velo.
Mariel,Sabela e Lucía Gómez de 4ºC
Encantannos todas estas fotos,en especial esta dedicatoria.
Isaac é un pequeno gran home.
Gracias a ti Cristina podemos saber moitas cousas acerca de este gran home.Gracias por esas clases tan maravillosas.
Unha aperta moi grande.
Miguel Angel Villadoniga Miramontes.
Cristobal Garcia Cea.
4ºC
Xurdia:Magnífico,moi bó,con aspecto alegre ou vivo
Jorge Mallo
Anabel Martínez
4ºC
Xurdia:quere dicir persoa viva, alegre,animada, feliz.
Cristobal Garcia Cea.
Miguel Angel Villadoniga Miramontes.
4ºC
Gustounos moito participar nesta actividade, para homenaxear a esta ilustre persoa, xa que leva o nome do noso instituto.Fìxonos moita ilusiòn velo de novo tan cerca nosa despois de tantos anos, cando de pequenas deramoslle un pequeno agasallo do grupo de baile " A Meda " do castro.Tamén gustarìanos dicir que gracias as persoas que participan neste blog podemos ver as obras de todos os nosos compañeiros cando o desexemos.
Unha aperta moi grande Cris!!
Alumnas: Judit e Alicia 4ºC
Xurdia: quere dicir persoa viva,alegre,animada.
laura e patricia 4ºC
Jajajaja!!!!!!
Gústame moito a dedocatoria que nos deixou Isaac,el aínda tamén e moi xurdio!!!!Xa nos demostrou na súa homenaxe cando dixo algo así como:"...danme ganas de meterme debaixo da mesa..."
saúdos Cris!!!
Marina López 1ºA BACH
XURDI@S
Que bonita a xente que non perde a xuventude, a alegría, a viveza, o ánimo. Seguen a ser uns nenos, son ben xurdios!
Xurdia e o adxetivo que significa persoa que é moi alegre, con vivieza. un claro exemplo de xurdio e o noso homenaxeado que cos seus anos, que non son poucos segue igual de xurdio que sempre.
Carlos Dobén Naya 1ºBach.A
Isaac Díaz Pardo di de nós que somos alegres e moi animados, ¡e eu creo que non hai un adxectivo que nos describa millor!
Don Isaac foi, é e será un gran home sempre. Tamén teño que dicir que gracias a el a miña nai atopou un traballo no que xa leva máis de 30 anos, nun posto na Cerámica do Castro.
Xurdia quere dicir persoa alegre,viva,...
Álegrame que o noso instituto leve a nome deste gran e célebre home que se merece todo o respeto do mundo.
Estivo moi ben cando veu a esa homenaxe que lle preparamos con tanto cariño,e demostrounos a súa modestia e cordialidade con todos nos.
Gracias Cris, por ofrecernos esta oportunidade de coñecer máis acerca del.
Moitos bicos e apertas.
Clara Cea Aguiar nº2 4ºB
Para nos é todo un orgullo ter esa dedicatoria de ese gran home e ademáis é moi expresiva,parece que esta feita por un neno,o que nos indica que Isaac por dentro sigue sendo un xove comprometido con todolos seus irmáns
Publicar un comentario