15/2/08

O nome do noso instituto

Ilustración realizada por Isaac Díaz Pardo

O noso instituto leva o nome do ilustre galeguista Isaac Díaz Pardo. A biblioteca do noso centro dedícalle hoxe unha agarimosa lembranza como adianto da homenaxe que o próximo xoves 21 de febreiro se lle brindará aquí. Durante o pasado ano 2007, Díaz Pardo recibiu múltiples premios, medallas, homenaxes, (como o nomeamento como doutor Honoris Causa pola universidade da Coruña, por citar un) premios e homenaxes sobradamente merecidos por Isaac polo labor realizado durante toda a súa vida a favor da nosa cultura. Pintor, debuxante, escritor, ilustrador... Puxo tamén en marcha a fábrica de cerámicas de Sargadelos, ademais de levar adiante moitos proxectos xunto con outros grandes artistas que estaban no exilio, especialmente co seu amigo Luís Seoane, tamén pintor e poeta, con quen fundou o Laboratorio de Formas. O Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información foron outros dos seus logros.

Por todo isto felicítovos a todas e a todos e felicítome porque o noso instituto leve o seu nome.
-Cris Asensio-

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Isaac é un bo home.Fundou moitas cousas,escribiu,... e por riba ten o nome do noso instituto(deberíamos setirnos felices).ASí pois,non é extaño que rebiba ales premios como o Honoris Causa(bastante importante).Espero que reciba o mellor homnaxe do mundo, pois mais ou menos,dunha maneira falando,somos coma os seu fillos.

Anónimo dijo...

Isaac e un home moi recoñecido sobre todo en Galicia, e deberiamonos sentirnos moi orgullosos de que o noso instituto leve o seu nome. A min pareceme
unha boa persoa.
Carlos Dobén Naya 1ºBach.A