Agora, no remate do curso vemos que tan rápido pasou e aínda que xa vaiamos cansos, os alumnos de primeiro de bacharelato “A” queremos despedirnos del por medio deste blog. En primeiro lugar felicitar ó grupo de Biblioteca por este blog, polos clubes de lectura, pola biblioteca, a revista..., ó departamento de Bioloxía por dar a coñecer a moita xente que son As Brañas e por que hai que coidalas, ós xiareiros deste blog que puxeron comentarios facendo que se mantese vivo, ó centro pola organización do concurso “Luísa Villalta” entre outras cousas e a todos en xeral polo traballo que realizamos neste ano.
Esperamos que o ano que vén, se consiga volver a ter ou recuperar actividades no Nadal e no Entroido, festa das Letras Galegas, ceas de fin de curso, viaxe a París, concurso musical intercentros, copa Coca-Cola, torneo fútbol intercentros... que entre alumnos e profes temos que organizar. E non podía faltar a despedida do noso dire, Adolfo, que marcha cara outro insti xa que aquí fixo de todo canto puido e axudou, entendeu e moito máis, ós alumnos, ¡non hai pega do teu traballo!, moitas gracias.
E para os que estén cansos ou aínda teñan ganas, os que estén agobiados ou liberados e para os que o pasaron non moi ben ou se divertiron, dámoslle unha gran aperta, esperamos que o ano que vén sexa como mínimo tan bo como este e gañar un bó ambiente, forzas, ganas e... o que faga falta! Disfrutade do verán e deica o curso 08-09.
Aburiño
Fdo. Todos Nós

2 comentarios:
VERÁN
Como se nota que chegou o verán e que as clases remataron que xa non pasan xirareiros polo blog. Eu polo menos tamén me despido ata o ano que vén.Que pasedes un bo verán!
preferiría non ter que contar a historia sobre este post... e é mellor que non o faga verdade Andy ^^
moi certo, este ano foi impresionante no que houbo tanto boas como malas noticias(gañando as primeiras, gracias a deus)
Pois adeus a todos e espero que nos vexamos o ano que ven.
Elros, el semielfo
Publicar un comentario