O pasado xoves día 29, un grupo de rapaces e rapazas de 4º e 1º de Bach acudiron pola tarde ao primeiro clube de lectura deste ano 2009. Inauguramos nesta ocasión unha nova modalidade que chamamos de "club pechado" e que consiste en que os alumnos que queiran vir se anotan nunha lista e se comprometen a ler unha obra da que falaremos entre todos o día da reunión. A verdade é que foi todo un éxito de participación, algúns dos asistentes opinaron que había demasiada xente (28 persoas) e que sería mellor que se fixesen con grupos máis reducidos para que todo o mundo puidese intervir con algún comentario, pero en xeral a experiencia gustou moito e xa quedamos de repetila para o próximo mes. A lectura proposta para febreiro é Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz e que será presentada por un equipo de catro alumnas de 4º de ESO A e B.
1 comentario:
Hola! A verdade si que foi unha boa idea o do club pechado. Ademais o que o diferencia das visitas dos escritores é que cada un aparte de facer preguntas pode expoñer a súa opinion. E claro, tamen estou de acordo co que din de que igual cando somos moitos é mellor separanos para asi todos poder opinar.
E... para rematar o meu comentario, decirlles sorte as que lles toca espoñer o proximo dia, e que vos animedes a vir!!
Saudos!
Publicar un comentario