O vindeiro xoves, 29 de xaneiro imos celebrar un novo clube de lectura que será o primeiro deste ano 2009. Con el inauguramos unha nova modalidade que chamamos "club pechado" e que consiste en que nos xuntaremos cada mes para falar dun libro que previamente nos comprometemos a ler. O libro pode ser proposto por calquera das persoas dispostas a participar no club. Para esta ocasión escollemos a novela breve titulada A casa dos lucarios da escritora Teresa Moure. A continuación recollemos algunhas das críticas realizadas polos lectores deste libro:
"É un libro interesante, xa que nos permite coñecer como eran a vida e os costumes nas aldeas galegas a mediados do sécdulo pasado. A autora quizais pretenda facer unha homenaxe a esa Galicia rural e darlle a coñecer ese mundo ós xóvenes de hoexe que descoñecen case por completo a forma de vivir dos seus bisavós"
"É un libro interesante, xa que nos permite coñecer como eran a vida e os costumes nas aldeas galegas a mediados do sécdulo pasado. A autora quizais pretenda facer unha homenaxe a esa Galicia rural e darlle a coñecer ese mundo ós xóvenes de hoexe que descoñecen case por completo a forma de vivir dos seus bisavós"
Xoana Ferreira Tembrás ( 4º ESO A)
"Este libro fala principalmente da evolución dunha familia, de como se instalaron na aldea de Ferreira e como a casa ía crecendo a medida que aumentaba a familia. Na historia tamén se reflexan os cambios e os avances da sociedade nos últimos tempos e como unha aldea illada se foi transformando e foise abrindo aos novos tempos pouco a pouco"
Paula Ramos Fariña (4º ESOA)
"A autora ó remate da obra dá por feito que o importante nunha familia é asentarse nun lugar e estar orgulloso do sitio onde vives"
Jorge Posse Pardo (4ºESO B)
"O que máis me gustou foi a explicación sobre a orixe do nome champán: "sería porque o tapón ao sair da boca da botella, facía un ruídiño así como CHAM- PAN!!"
Iago Monzo Souto (4ºESO A)
1 comentario:
Boas criticas ^^. Eu tamen penso que a escritora o que quere que vexamos é a diferencia de mentalidade que hai daquela epoca a nosa... antes rapaces coma nos, que vivian na antiga Galicia rural eran quenes de vivir moito mais felices incluso tendo menos. Porque, ahora case todos pensamos que con mais riqueza e mais prestixio social... un pode ter unha mellor vida pero realmente é apreciar as cousas mais sinxelas o que da sentido a vida.
“Que calquera vexa o que isto era e o que isto é, non pode mais que chorar, dixome a Rosiña cando lle preguntei se lembrara unha Ferreira máis verde”.
Publicar un comentario