17/2/09

Entroido 2009



O vindeiro venres, 20 de Febreiro teremos a festa de Entroido no noso centro. Para celebralo organizamos diversas actividades nas que participan alumnos e alumnas dos diferentes cursos. Comezará o festival con teatro a cargo dos alumnos de 4º de ESO A, que interpretarán o 2º lance de Os vellos non deben de namorarse de Daniel Castelao. Os alumnos de Plástica están realizando as máscaras que levarán os actores e que están inspiradas nas orixinais do propio autor. Músicos, apuntadores, equipo técnico, presentadores... forman un grande conxunto de colaboradores entusiastas que farán posíbel o acontecemento.

Tamén terá lugar a presentación dun novo número da revista A Voar e no patio central haberá unha especial feira da degustación de postres típicos destas festas.

Un concurso de disfraces e comparsas poñerá o punto final a esta particular e divertida celebración.

1 comentario:

sofia 2ºc dijo...

Non estan as fotos dos alumnos de 2ºc!Estivo moi ben.
Sofia 2ºc