4/11/09

Alumnos do Instituto de Sada no Teatro

instituto-sada-teatro
EXCURSIÓN PARA VER A OBRA "CACHAI"


O pasado día 19 de Outubro de 2009, o curso de primeiro de bacharelato fumos cos profesores de Filosofía e Tecnoloxía a ver unha obra de teatro ó Forum Metropolitano. Saímos do instituto ás 11 da mañá e regresamos ás 14:15, aproximadamente. Ó chegar alí, unhas persoas déronnos regalos e caramelos, debido a que era o día Internacional do Cancro de Mama. Inmediatamente, fumos á sala do teatro e un home da Compañía introduciunos á obra titulada "Cachai", contounos a historia dun profesor que foi a Colombia e viu a situación que alí había. Tamén informounos da fame no mundo e preguntounos se sabiamos quen era o culpable. A obra tiña catro personaxes; dous actores e dúas marionetas. A obra trata de que un home chamado Don Zamora; protagonista da historia, fanlle unha entrevista para un revista, el cóntanos a historia da súa vida , como era antes do Golpe de Estado Chileno, como foi despois, como foi pasar fame, como entrou no mundo da arte e da interpretación, como foi o inicio da obra... Todo o que nos contaba formaba parte da obra. Esta obra trataba do paraíso despois da morte, interpretada por Don Zamora e a súa marioneta (que representaba ó seu irmán, que morrera despois do Golpe de Estado Chileno) e os dous aparecen disfrazados de esqueletos e é moi graciosa. En conclusión, a obra encantoume, non só porque nos explicou a situación Chilena antes e despois do Golpe de Estadoe tamén pola representación dos dous actores. A única pena foi que non nos puidemos quedar ó debate, xa que senón non chegábamos a coller ó autobús. Paseino xenial e gracias a Uxio por levarnos!


Paula Potrony Pardo 1ºA BACH.



Espectáculo construido a partir da experiencia de dous irmàns que quedan orfos a noite do golpe de estado de Pinochet e recollido nun encontro propiciado pola xira desta Compañía por Chile.
CACHAI é un dramático exemplo de como se relacionan necesidades e creación. Sobrevivir creando. Unha experiencia dura e un pracer vital.


Con: Adán Rodríguez, Lucas Escobedo.
Dirección: Pepe de Jiméndez


"Cachai" nace en Santiago de Chile, en uno de sus barrios pobres, cerrando deseos en cajas de madera claveteadas por los cuatro costados. Dramático ejemplo de como se relacionan necesidad y creación. Sobrevivir creando. Una experiencia dura y un placer vital. El triunfo de ese compromiso con el "estar en el mundo" por parte del actor Adán Rodríguez y mío es sin duda "ese contar el mundo" llamado "Cachai". ¿Cachai?


Pepe de Jiménez
Atención ao comentado por Claudia Neira Castro (1ºBachA) sobre o significado da palabra
"Encantoume a obra de teatro, por iso busquei a etimoloxía da palabra cachai. Cachai vén de verbo cachar, que entre outras cousas significa "entender". Esta palabra procede do inglés "catch", que significa"agarrar".Este verbo tamén se usa co significado de " manter relación sexuais".

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Encántame como quedou :D
Espero que non sea a última redacción que faga, encántame escribir cousas para o blog, así que se hai outra excursión ou outro artigo que haia que escribir conta conmigo.
un beso :)

pdt. vou a deixar máis comentarios no blog! vémonos!


Paula Potrony Pardo 1ºA BACH.

Estela 1º bach dijo...

Ola so Estela deixote o meu correo :
estela2suarez@hotmail.com

Pablo e mais eu temos pensado facer un apartado de música no blogue, se che parece boa idea.

Anónimo dijo...

Ola, son Carlota, deixote o meu correo:
otter_mc93@hotmail.com

Claudia dijo...

Encantoume a obra de teatro, por iso busquei a etimoloxía la palabra cachai.
Cachai ven de verbo cachar, que entre outras cousas significa "entender".Esta semántica ven de inglés "catch", que significa"agarrar".Este verbo tamén significa manter relación sexuais.


:)

Claudia dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Gonzalo dijo...

Esta saída pareceume unha boa forma para transmitirnos a realidade sufrida por moitas persoas o longo da historia por mor das dictaduras.
A parte diso a obra gustoume moito!

Gonzalo Tellado Cambón 1º Bach B