2/2/14

Día 2 de febreiro Día Mundial dos humidais

2  DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS
O 2 de febreiro de 1971 firmouse en Ramsar (Irán) o Convenio sobre os Humidais de Importancia Internacional, especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas. Este convenio é o primeiro tratado a nivel mundial relativo á conservación e uso racional dos humidais. España ratificou dito Convenio en 1982.
QUE É UN HUMIDAL?
Son áreas inundadas temporal ou permanentemente, de orixe natural ou artificial situadas sobre solos con pouca permeabilidade como, por exemplo, as turbeiras, lagoas, marismas,,

       


POR QUE É IMPORTANTE CONSERVAR OS HUMIDAIS?
-         Recargan os Acuíferos : reservas de auga doce sen contaminar.
-         Son depuradoras naturais das augas.
-         Mitigan inundacións e a erosión costeira.
-         Manteñen a biodiversidade.
-         Son importantes como aulas naturais de educación medioambiental.
-         Como reclamo turístico.


SABÍAS QUE EN GALICIA TEMOS HUMIDAIS MOI IMPORTANTES?

Temos 5 humidais cunha figura de protección a nivel internacional ( Convenio Ramsar):

-         Complexo das praias, dunas e lagoas de Corrubedo.
-         A ría do Eo ou Ribadeo.
-         A ría de Ortigueira e Ladrido.
-         Complexo intermareal Umia- O Grove “ A Lanzada”,,,
-         Lagoa e areal de Valdoviño.
Parque Natural de Corrubedo


COÑECES O HUMIDAL QUE TEMOS EN SADA?
Efectivamente, estamos a falar das Brañas de Sada, un humidal que deberíamos conservar debido a importancia que ten .
Nel podemos atopar as seguintes especies de seres vivos:
-         Martiño peixeiro
-        
-         Garza cincenta                                              
-         Galiña de río
-         Londra
-         Cabaliño do demo
-         Nenúfares
E ademáis bosques de ribeira que están en perigo de desaparición.