2/2/17


Os nosos clubs de lectura
"O cubil do xabaril"


2ºESO A posta en común de "Anxos en tempos de chuvia", de Miguel Vázquez Freire:
tivo lugar o martes 24 de xaneiro ás 17.00. Pasamos un rato agradable compartindo as nosas opinións sobre esta novela que creo que nos gustou a todos. Velaí tedes unha foto do evento.


 A próxima xuntanza será o martes 7 de marzo, momento en que comentaremos dúas novelas de Agustín Fernández Paz: "Corredores de sombras" e"Cartas de inverno
 







1ºESO  


A xuntanza tivo lugar o xoves 24 de xaneiro ás 16.30 para compartir impresións sobre a novela de Agustín Fernández Paz, "Trece anos de Branca". Ainda que foi difícil poder estar todos aí e algúns faltaron a esa reunión esperamos facer outra pequena cos que non puidestes estar. Esta é a foto da nosa reunión.

















A próxima xuntanza tratará sobre o libro de Santiago Jaureguízar "Corazón de chocolate" e será o xoves 9 de marzo.

Se queredes participar en calquera destes grupos e na lectura destas novelas, non dubidedes en anotarvos na nosa biblioteca. Estades a tempo!
   

No hay comentarios: