3/4/17

Clubs de lectura "O Cubil do Xabarín"

As alumnas de 2º de ESO reunironse ás 17.30 o pasado xoves 23 de marzo para a posta en común dos dous títulos que leron este segundo trimestre. O club estaba adicado á figura de Agustín Fernández Paz, coa lectura de Cartas de Inverno e Corredores de Sombras. Para o terceiro trimestre vamos  ler e comentar Irmán do Vento, unha novela de Manuel Lourenzo González. Iria, Lara, Lucía, Zaida e Zeltia grazas polo voso entusiasmo cara a lectura! E  se algún de vós non puido asistir aos anteriores clubes pero lle apetece participar neste último ainda está a tempo de unirse. A posta en común será a finais do mes de maio.



Os alumnos de 1º de ESO leron Corazón de Chocolate, de S. Jaureguízar e tivemos a posta en común o pasado mércores 29 de marzo ás 16.30. Tamén queremos felicitar a Carla López e Carla Villca,  a Inés, Eva, Laura Palmeiro e a Ismael polo seu apetito lector, que os axudará o día de mañá a comprender mellor o  mundo. Para rematar os nosos clubes espéranos no último trimestre a lectura de Violeta Tamurana, de Andrea Maceiras. A posta en común será a finais de maio.


No hay comentarios: