31/1/08

Tempo de Entroido II

O Entroido é un tempo no que se pon o mundo do revés e no que se racha coas normas, pero sobre todo é unha celebración gastronómica. Para que vaiades facendo boca, presentámosvos unha obra do noso grande escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, quen no seu libro A cociña galega anunciaba o lacón como o rei dos pratos da cociña destas festas:
"agora pinta nas mesas o lacón, e coido que xa leva Galicia camiño de non dar tantos lacóns como se xantan. Dende San Martiño comeza a rolda do lacón en Galicia, que xa non remata ata
-Martes lardeiro-. Nos restaurantes, nas tabernas, nas casas particulares, e cando uns amigos deciden un xantar nos meses de inverno. O lacón está nunha hora de triunfo, que non puido sospeitar nin Picadillo"
Recomendamos a lectura do capítulo XXII El carnaval de las cigarreras da novela La Tribuna da coruñesa Emilia Pardo Bazán, , (mentras podedes merendar un bocata de chourizo do Courel con pan de L´Orbé).
- Cris Asensio-

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ENTROIDO 2008 IES ISAAC DIAZ PARDO.

Na miña opinión o entroido é unaha celebración moy típica en todolos sitios de Galicia, nuns más que noutros, e que é moy bonito de celebrar para todos os rapaces e rapazas. Neste ano non se celebrou no meu instituto (IES ISAAC DIAZ PARDO) e estou bastante en desacordo dado que non é relevante perder un día de clase, a cambio de chear de ilusión os rapaces e non perder unha tradición tan bonita como a que temos.

Anónimo dijo...

TEMPO DE ENTROIDO

O mellor da gastronomía de estas datas son os postres!!!!As filloas na miña casa fanse tódolos anos,e non só nestas datas,gustanme moito con azucre ou mel..