3/4/08

VIVA A POESÍA



RECITAL POÉTICO-MUSICAL


O pasado Venres, 14 de marzo,un bo feixe de alumnas e alumnos de 4º de ESO e 1º de BACH, recitaron poesías de diferentes autores acompañados de Ramiro (1ºBACH A), quen puxo a música coa súa guitarra. Os poemas pertencían a distntas épocas da nosa historia literaria; así pois houbo desde cantigas medievais ata poesías dos nososo autores clásicos como Rosalía ou Pondal. Tamén se recitaron poesías de X. Má Álvarez Blázquez que é o autor homenaxeado este ano na festividade das Letras Galegas.

1 comentario:

Andy dijo...

VARIAS COUSAS
Por fin xa acabaron os exames, a segunda avaliación sempre é a que máis custa. Agora hai que andarse con coidado que o tempo pasa voando e en nada xa estamos no veraniño e a ninguén lle apetece estudiar nel. Agora, no clube de lectura xa non hai fallo, aínda que non me interesa tanto a historia desta semana, hai que recoñecer que é boa aínda que o argumento guste ou non. Ten milleiros de persoas que o avalan, conseguiu un grande éxito. Espero poder estar alí mañá. Deica logo!