27/4/08

A COVA CELTICA: UXIO PEDREIRA


O pasado xoves 24 de abril unha nova cita literaria no noso clube de lectura A Cova Céltica. Esta vez tivemos a honra de contar con UXIO PEDREIRA, bibliotecario de Oleiros. Uxío veu a co libro NO COUNTRY FOR OLD MEN (Non é país para vellos), escrito polo autor norteamericano de ascendencia irlandesa CORMAC McCARTY. Foi nesta obra na que se baseou o escalofriante "thriller" do mesmo título; adaptado e dirixido polos irmáns JOEL e ETHAN COEN e interpretado nun dos seus principais papeis por JAVIER BARDEM, interpretación que lle valeu un oscar ao mellor actor. Temos que engadir que nesta ocasión foron alumnos e alumnas de "Adultos", o público co que contamos e que nos axudaron a construir unha sesión das máis amenas e participativas de cantas teñen sucedido nos nosos xoves.

2 comentarios:

Andy dijo...

NOVA SESIÓN
Pareceu entretida esta nova sesión da Cova Céltica a pesar do número de persoas que asistiron, xa estamos con algún que outro exame que nos impide ir a escoitar ás persoas que veñen ó noso insti a falarnos sobre os seus libros favoritos ou mesmo os que escriben. Que siga adiante e sorte.

Andy dijo...

FESTIVAL INTERCENTROS
Esquecíame de dicir que xa temos practicamente preparada a encargada redacción do festival intercentros ó que asistimos o xoves 24 para publicala no blog, á volta.