15/5/08

A COVA CÉLTICA: AN ALFAYA






O pasado luns estivo con nós a escritora An Alfaya, (Mª de los Ángeles Alfaya Bernárdez. Vigo, 1964) nunha nova edición do noso club de lectura. O encontro tivo lugar na nosa biblioteca Luísa Villalta e os participantes foron alumnos e alumnas de 4º de Eso. A escritora trazou unha autobiografía na que destaca a súa paixón polas letras desde ben pequena:

-"cando era nena necesitaba contar cousas, necesitaba cambiar o mundo; facíao lendo ou escribindo"

Criada nun ambiente opresivo, de costas á literatura

-"na miña casa non había libros"

A súa familia consideraba unha perda de tempo a súa afeizón polos libros pero ela sentíase unha nena diferente e necesitaba unha "válvula de escape" e esa "valvula" foi para ela a literatura e tomou a decisión de compartir o que escribía con outras persoas.

Hoxe en día An afirma que enfrenta a profesión de escritora con liberdade xa que non depende economicamente da literatura, xa que obtén os seus ingresos do seu traballo como detective. Isto desperta a curiosidade do alumnado presente na tertulia e a escritora explica en que consiste a súa profesión, que trata continuamente de desmitificar. A continuación fai un comentario da obra que lemos este curso


A LENDA DA LÚA DE MONTEALTO, advertíndonos que se trata dun relato que escribiu hai moito tempo. Presentounos tamén a súa obra máis recente ILLA SOIDADE explicounos como foi escrita esta novela, os personaxes e acontecimentos que a inspiraron.

Tamén tivo que contestar a bastantes preguntas relacionadas con diversos aspectos da súa biografía e da súa obra e finalmente pedímoslle que escribise unha dedicatoria no libro de escritores e personaxes ilustres.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Foi moi interesante que viñera An Alfaia o noso instituto!.
Creo que todos o pasamos moi ben
pois ten unha vida ineteresante.
Os seus libros son moi bos e son fáciles de ler.
Laura e Patricia 4ºC

Anónimo dijo...

hoxe venres 31, fomos a Casa da Cultura de Sada a ver a Comisión Irmás Suárez Picallo, foi un acto fermoso,onde mencioaron moitas couss que ti xa nos explicaras
xa falaremos o luns
un bico cris!

noemi e LuCia Llana 4ºC