18/5/08

LETRAS GALEGAS: EVA VEIGA E O GRUPO OURIOL











O pasado mércores día 14, Eva Veiga e o grupo Ouriol realizaron un recital poético-musical na casa Casa da Cultura de Sada. Os asistentes ao acto foron o alumnado de 3º e 4º da Eso do noso instituto e do colexio de Mosteirón. O acto organizado en colaboración co concello de Sada tiña como finalidade festexar as Letras Galegas deste ano. Eva Veiga presentou para a ocasión un espectáculo basado na figura de Xosé María Álvarez Blazquez. O acto dividiuse en tres partes. En primeiro lugar a escritora trazou unha emocionada lembranza da nosa compañeira e tamén escritora Luísa Villalta. En segundo lugar fixo un percorrido pola vida e obra de Álvarez Blázquez e a seguir tivo lugar un recital poético para o que seleccionou diversos poemas do escritor homenaxeado pertencentes aos diferentes libros deste autor.
Así escoitamos poesías de Roseira do teu mencer, Canle segredo, Poemas de ti e de min; acompañada sempre polo grupo Ouriol (flauta traveseira e percusión). De fondo unha proxección de diapositivas coa obra do pintor Alfonso Costa. O espectáculo foi un éxito. Ao finalizar o acto Eva Veiga fíxonos entrega dun exemplar dunha obra súa de poesía, cunha dedicatoría dirixida a todos nós, para a biblioteca do instituto.




3 comentarios:

Anónimo dijo...

LETRAS GALEGAS
Parece que este ano si que houbo bastantes actividades polas Letras Galegas. Que mágoa non ir ó recital, pero tamén estivo moi ben a visita de Darío o xoves! e aínda ecima que saíu ben contento...

Anónimo dijo...

Parécenos moi ben que se fagan actividades polasw letras galegas porqeu hai que coidar a nosa literatura qure é moi bonita e moi valiosa e devemos conservala.
Tamen hai pareceme ben que por este motivo ou outro se promoba á lectura e mais en galego.
Moi ben tamén a visista de An Alfaia ainda que alguns no puidemos estar pola excursión de francés.



Jorge Mallo, Anabel Martínez, Helena Pradera

Anónimo dijo...

boas profe
a semana das letras galegas estivo moi ben.
Estivo moi ben q viñera An Alfaya, foi moi interesante o q nos dixo.

ANA VEIGA RIVAS 4ºC