28/2/09

A Voar, a nosa revista


A VOAR
"Toda unha honra que a miña foto sexa a publicada na portada da revista. Para conseguila foi moi importante a beleza e misterio das Brañas de Sada protagonistas do concurso e da foto. Tamén é moi importante o labor que fan alumnos e profes na revista para que saia tódolos anos aínda que non se vendan as unidades previstas (preocupación de Marisa). A revista xa da, desde o seu título, o reflexo d imaxinación e inocencia coa que se elabora.Así que, que nunca se deixe de publicar! Un agarimoso saúdo." Andy (2ºBach)

As que vemos na fotografía da dereita son Bárbara Daudé e Ruth Barral (1ºBach A) presentándonos un novo número da revista A Voar. Destacaremos que nesta edición incorporamos unha sección nova, "Canle", de creación literaria e artística, en lembranza daquela outra revista que dirixira a escritora, que foi profesora neste centro, Luísa Villalta. Outra novidade é que este ano a maquetación fixérona os alumnos de TIC de 1º bach A. Esperamos como sempre a vosa colaboración para os vindeiros números.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A VOAR
Toda unha honra que a miña foto sexa a publicada na portada da revista. Para conseguila foi moi importante a beleza e misterio das Brañas de Sada protagonistas do concurso e da foto. Tamén é moi importante o labor que fan alumnos e profes na revista para que saia tódolos anos aínda que non se vendan as unidades previstas (preocupación de Marisa). A revista xa da, desde o seu título, o reflexo d imaxinación e inocencia coa que se elabora.Así que, que nunca se deixe de publicar!

Un agarimoso saúdo. Andy.