26/4/09
Gustavo Pernas Cora e o Día do Libro
O pasado xoves, Día do Libro, tivemos a honra de recibir no noso centro ao escritor, actor, director de teatro, profesor...Gustavo Pernas Cora quen durante máis de unha hora foi definindo as características do teatro ante un variado e inquieto público de ESO. Explicounos que o teatro é arte por encima de todo, tamén é comunicación a través dunha lingua, (no noso caso da galega: "somos fillos deste país e da nosa terra") O teatro presenta emoción, provocación, anarquía, compromiso, maxia e nel sempre está presente a poesía. "O teatro é a nai de tódolos espectáculos", dixo. En relación co ensino, ve fundamental "xogar ao teatro" e recordounos que os gregos usaban esta técnica para aprender. Ademais o teatro ensínanos a relacionármonos e nos descubre o noso talento e axuda a domesticar os nosos instintos por tanto o teatro ESTÁ BEN SEMPRE!
Ademais obsequiounos coa primicia do monólogo, "logomono" que está a preparar na actualidade e no que trata o problema da crise e da proposta peculiar do protagonista que se fai "colgado profesinal" para liberar do problema de colgarse ao resto dos homes. A súa interpretación cautivounos a todos. A estrea desta nova obra de Gustavo será o día 19 de Xuño no Centro de Teatro de Culleredo. O éxito está asegurado. Nós alí estaremos. Boa Sorte, Gustavo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Dende Bibliobarro (http://bibliobarro.blogspot.com) temos un pequeno agasallo para vós. Visitade a nosa páxina e veredes de que se trata.
Io no me enteré de muxo con el cuento.
Gracisa a esta charla entereime de moito acerca do teatro. Pernas contounos un conto moi interesante, pero era algo difícil de entender. Seguro que a sua obra será un exito cando se estrene en Xuño.
A visita de Pernas foi moi instructiva para todos posto que nos contou un pequeno fragmento da súa próxima novela.
pareceume unha gran entrevista a gustavo pernas,tamen me pareceu un bon lector pese a que leeu un fragmento da sua proxima obra
Hugo arevalo martinez
A charla de Gustabo Pernas estibo bastante entretida, e a parte do relato que nos leu estibo moi ben, xa que tiña cousas graciosas pero tampouco en exceso.
Inés 4ºA
Publicar un comentario