28/10/09

Alumnos do Instituto de Sada no Teatro Rosalía de Castro

Por: Iago Teijeiro Cora (1ºBach B)

Argumento:
Na cidade de A Coruña, en 1958, un grupo de rapaces que estaban a facer a mili e un par de rapazas (unha delas filla dun coronel) encóntranse no bar dunha sociedade mui prestixiosa da cidade. Nese momento estase a celebrar un concurso, chamado "trampolín de estrelas", no que van participar os reclutas e máis un cantante de rock and roll que se fai chamar Elvis Montana. Durante o concurso "que dura un par de días"chegan os militares da garda persoal de Franco. Estes teñen uns problemas cos reclutas e máis coa muller do coronel antes citado.
Máis tarde Franco chega á cidade (os reclutas, cansados dos abusos dese réxime,intentan cometer un atentado contra Franco, pero este fracasa.

Por outra parte hai uns líos amorosos entre un dos reclutas e máis Elvis, xa que os dous queren á mesma muller. Ao final Elvis gaña o concurso, pero é o recluta quen se queda coa rapaza.


Personaxes:
Os dous reclutas, Elvis, a muller á que aman Elvis e máis o recluta, a filla do coronel, os dous militares de
alto rango, o coronel, a muller do coronel, o presentador do concurso, os músicos e máis a muller de Franco.

Lugar:
A Coruña, no Clube Náutico, no bar desa sociedade.

Tempo:
• Tempo histórico: Setembro do 1958.
• Tempo do relato: Uns días.

Opinión persoal:
A min, máis ca unha obra de teatro, pareceume un musical; o cal non é negativo, ó contrario. Encantoume a obra, sobre todo cando cantaban e bailaban con esa música dos anos 50-60. Tamén me gustaron os líos amorosos que tiñan o coronel, a súa muller e máis o militar de alto rango. Nunca vira unha obra (sen contar as obras que vemos nos institutos) e, para ser a primeira vez, foi unha boa experiencia e teño gañas de repetir.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

gustaríame haber ido a esa excursión, pena que tiña cita co méidco, dixéronme que estivera moi ben!
bo traballo iago!

Paula Potrony Pardo 1ºA BACH.

Anónimo dijo...

Esta obra de teatro estivo moi ben, gustaríanos que houbese máis asi porque foi moi entretida.


Paula Ramos e Olalla Alonso 1ºA bach.

Gonzalo dijo...

Esta obra foi unha das que máis me gustou de todas as que vin sobre todo polas esceas de humor que houbo.
Por certo, moi bo traballo Iago.

Gonzalo Tellado Cambón 1º Bach B