16/10/09

O único que queda é o amor


Agustín Fernández Paz recibiu o premio nacional de literatura no presente ano co libro titulado

O único que queda é o amor. Un conxunto de dez contos compoñen esta obra na que o amor é o fio que lle dá unidade ao conxunto. O propio autor di que "todos falan da importancia do amor".

Ademais esta obra trata da importancia da lectura nas nosas vidas e por iso esta chea de referencias literarias. Ao longo dos diferentes contos van aparecendo textos de Neruda, José Angel Valente, Paul Éluard, Paul Auster, entre outros. Esta cuidada edición conta tamén coas ilustracións de Pablo Alaudell. Impresiona a dedicatoria escollida por Fernández Paz, do nobel de literatura Orhan Pamuk e coa que confire unidade aos relatos

"E cando me decato de como imos pasar por este mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único que queda é o amor".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu lin este libro e a verdade é que me gustou moito, é unha obra chea de emoción e de sentimentos, e tamen moi fácil de ler.
Un saúdo !


Sabela Gende.