26/2/10

Crepúsculo e Pedro Ramos





O día 24 de febreiro veu o instituto o escritor Pedro Ramos para comentar o libro "Crepúsculo", todo un best-seller mundial.
No clube de lectura comentamos moitas cousas, por exemplo, se nos gustaba o actor que escolleran para o papel protagonista, Edward Cullen e tamén se a historia era orixinal ou non.
Tiñamos que convencer á directora de que lera os libros, e conseguímolo. A maioría dos alumnos estabamos de acordo con que "Lúa Nova" era o peor da saga e "Eclipse" o mellor.
Tamén comentamos que papel desempeñaba a manada Quileute na saga. E, por último, chegamos á conclusión de que fixeron un estudo de mercado para saber que era o que máis lle gustaba ás adolescentes.
En definitiva, un clube de lectura que nos gustou moitísimo e esperamos que se repita con seguintes libros da saga.
Beatriz Simó e Yolanda Fernández 4ºB

1 comentario:

xisela dijo...

HOLA!!!!
Estivo moi ben este clube de lectura eu asistin e encantome hai que facer mais deste tipo ,e dicir, falando dos libros de actualidade entre os adolescentes



un beso


xisela 4ºc