26/1/07


Logo da visita á biblioteca lévannos a ver as instalacións da facultade. Nelas observamos as últimas tecnoloxías informáticas e outras que xa quedaron, co paso dos anos, máis obsoletas; estas últimas dispostas nunha especie de museo antigo. Acompáñannos aos distintos laboratorios nos que os estudantes universitarios estaban dando os últimos coletazos antes dos exames de febreiro.

Para rematar, o decano da facultade condúcenos ao salón de actos onde, a modo de pequena charla, anima aos alumnos de bacharelato a realizar a carreira de informática. Algúns o teñen claro, informática; outros realizarán outras carreiras; mentres que outros aínda non saben cal será o seu futuro logo de abandonar o Isaac Díaz Pardo.

por Tania Gómez

No hay comentarios: