27/1/07
Visita á Biblioteca “González Garcés”
Dentro do eido da Formación de Usuarios do Programa de Mellora da Biblioteca, realizóuse o día 25 de xaneiro unha visita especial á Biblioteca Provincial da
Coruña “González Garcés”. O que presentaba de novo era a faceta de ir traballar nela, dado que todo o alumnado de 4ª xa a visitara o ano pasado. Iso explica tamén que, neste caso, a actividade non fose xeral senon só para o alumnado que está a realizar un traballo con consulta bibliográfica especializada.
A actividade preparóuse dende o mes de novembro, tanto por parte do IES como tamén da Biblioteca. O alumnado elixiu unha novela para ler , dentro do programa da asignatura de Lingua Castelá, (aínda que, o alumnado centróuse mayoritariamente na
literatura doutros países europeos). Esta elección fíxose dentro dunha selección previa de autores e obras do século XIX europeo, que se enviou á Biblioteca.
A persona encargada de recibir ó alumnado explicóulles, con axuda de fotocopias individuais, o funcionamiento do sistema interno de consulta informática do
catálogo (OPAC) e entregóulles despois unha folla personal coa Bibliografía disponible segundo a obra elixida. Con estas instruccións, o alumnado comenzou a traballar, tanto na Sala de Consulta como na de Préstamo e tamén nas seis terminais de Internet reservadas especialmente. Algúns alumnos fixeron fotocopias de páxinas concretas e outros pensaron na posibilidade de voltar á Biblioteca personalmente, xa que para consultar no necesitan carnet. Outros pensaron na posibilidade de se faceren socios.
A experiencia gustóulles, en xeral, ós alumnos que, agora, deben continuar o traballo. O seu obxectivo non é outro que a aprendizaxe da elaboración dunha monografía.
por Ángeles Calvo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario