Onte, 10 de Abril, estivo na Cova Céltica Raquel Bolaño, concelleira de Educación de Sada. Raquel é natural de Carnoedo, ten vientenove anos, estudou COU no noso institituto e despois licenciouse en Ciencias Políticas. Raquel moi amablemente veunos falar de Harry Potter, unha das súas coleccións favoritas.
Comezou contándonos que a ela lle gustan especialmente os libros de ciencia-ficción :
"xa que te mergullas nun mundo irreal, con personaxes imaxinarios cos que te identificas" e "Harry Potter ensínanos moitas cousas".
Ademais os libros de Harry Potter foron os máis votados nunha enquisa que fixo a Biblioteca entre os alumnos e alumnas do centro.
"Creo que é un libro que vale a pena lelo no canto de ver a película" e moitos de nós estamos de acordo con iso xa que moitas veces os pequenos detalles que só se aprecian nun libro fan que o entendas mellor.
"Personalmente Harry Potter na película non me caía ben mentres que no libro me parecía un neno increíble", ademais "Harry Potter non só é un libro fantástico se non que tamén ten similitudes co mundo real, a vida dos mozos, os problemas deles na sociedade..."
Algún compañeiros compartiron as súas razóns polas que lles gustou ler os sete libros:
-" faise ameno e engánchaste"
-"porque ao mesmo tempo que van evolucionando os personaxes do libro, evolucionas tamén ti"
En canto ao libro favorito da saga, posiblemente todos quedamos co derradeiro, xa que é o desenlace, como dixo Raquel.
Os alumnos e alumnas fixemos bastantes preguntas, as máis destacadas foron:
Raquel dixo que lle resultaba difícil responder porque eran moitos os libros, pero destacou O corazón xeado de Almudena Grandes, O Club Dumas de Pérez Reberte, Luces de Bohemia de Valle-Inclán, O Hobbit de Tolkien...
Foi un faladoiro entretido, acolledor. Mágoa que non puidese vir máis xente.
Grazas, Raquel e ¡ ata a próxima!
Un saúdo

NOEMÍ GESTAL E LUCÍA LLANA de 4ºESO C
2 comentarios:
Hola Cristina, xa que estamos en informática ocorréullenos deixar un pequeno comentario e aproveitar éste tempo, gústannos moito todas estas actividades que estamos a facer.
Un saudo.
Noemi Gestal e Lucía Llana 4ºC
ola profe :
pareceume moi interesante o libro do q se falou o xoves pasado.
harry potter e un libro moi interesante q pode ler calquera.
ana veiga rivas 4ºc
Publicar un comentario