22/10/09

Teatro: Glass City

O luns 26 de outubro imos ao teatro co alumnado de bacharelato, 1º e 2º (letras). No Teatro Rosalía Castro de A Coruña a compañía Teatro do noroeste porá en escena Glass City. Eduardo Alonso é o autor e director e con esta obra continúa o ciclo de obras dedicadas a cidades galegas. Anteriormente foron As damas de Ferrol e Imperial: Café cantante. Vigo 1936.

En Glass City, cidade de cristal, situámonos na Coruña de 1958 nos tempos do dictador Franco, quen viña de vacacións a Meirás no mes de agosto. Isto facía que durante ese mes A Coruña se transformase co acontecimento, convertíndose na capital. Aquí celebrábanse importantes recepcións e consellos de ministros no Palacio municipal. Tamén en diferentes sociedades civís tiñan lugar celebracións variadas e os membros da escolta de Franco, que eran sobre todo militares viñan disposto a pasalo en grande. O propio alcalde da época, Alfonso Molina participaba intensamente nestas festas, por este motivo naceu o dito "A Coruña divírtese mentres Santiago reza e Vigo traballa". Pero neste mesmo ano tiñan lugar outros acontecimentos importantes para a vida da sociedade, como foi a chegada das "juke box", as máquinas de discos, importadas de Estados Unidos. Nestas máquinas había cancións dos famosos da época: Elvis Presley, Paul Anka, Chubby Checker... Isto suporía unha auténtica revolución musical entre a mocidade coruñesa cambiando o seu estilo de vida...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola! Estiven lendo a sipnose da obra e polo que parece ten moi boa pinta, ademáis o cartel está moi chulo! Bueno, o luns comprobaremos se a obra é o que parece ser jeje.
un saúdo :)

Sabela Gende.

alex 4ºc dijo...

Ola!Pareceme moi ben que os alumnos de bacharelato vaian pero gustariame que tamen tomaran enconta os de 4.
Alex 4ºC