Agora que xa podemos disfrutar de cabazas decoradas e castañas, os alumnos de Antropoloxía de 1º de Bacharelato invítannos a facer un percorrido polas celebracións destas datas: Samaín, Halloween, el Amagüestu, Aid El Kabir ...Sara Casero, Lara García, Elvira Pérez., Darío Alonso e Houssam Akeb Daoud guíannos nesta viaxe polo espacio e o tempo que seguro será de interese para vos.
SAMHAÍN
Por Sara Casero Pérez, Lara García Yáñez e Elvira Pérez Vilela
Dende hai miles de anos, existen moitas tradicións por todo o mundo que se celebran a finais de Outubro e teñen unha orixe común.
Tres tradicións moi importantes que se celebran nestas datas son: O “Samhaín”, o “Halloween” e o “Día dos Mortos”.
O Samhaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo converteu no día de “Todos os Santos”. No ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capilla do Vaticano a “Todos os Santos” o día 1 de novembro, mudando así a festa que se viña celebrando no mes de maio. Según outras fontes, os celtas consideraban o 1 de novembro, como o primeiro día do ano novo celta, porque as follas comezaban a caer, facíase antes da noite e a temperatura baixaba. Eles crían que Muck Olla, o seu deus Sol, estaba perdendo forza porque Samhaín, señor do norte e dos malos espíritos, estabao vencendo. Os celtas observaban uns rituais e facían sacrificios a Samhain. Na víspera de Samhaín aos espíritos permitíaselles regresar aos seus fogares para visitar aos vivos. Para protexerse dos malos espíritos, a xente poñía cabazas diabólicas representando aos seus inimigos, que os ahuyentaban. Sin embargo facíaselles ofrendas de alimentos aos que eles consideraban bos espíritos. Hoxe en día perdeuse gran parte da tradición, debido a que a Igrexa Católica suprimiu as festas paganas.
En Cedeira seguen celebrando a noite de “Todos os Santos “, de forma que centos de persoas saen á rúa con cabazas taiadas en forma de caveira, cunha vela encendida no seu interior. A festa soe comezar ás cinco da tarde e faise un percorrido polas rúas máis oscuras da vila ao compás da música dun tambor.
Na Illa de Arousa, os nenos levántanse antes de que saia o sol, e percorren as rúas pedindo diñeiro, laranxas, lápis, bolos de pan e larpeiradas, mentres que en Xil, os habitantes soben ata o cemiterio con velas e dende abaixo pódese observar unha “Santa Compaña”.
En México o día de Todos os Santos é unha festa esencial no calendario. As procesións de coloridos disfraces, as caveiras, as figuras de miga de pan, son unha mistura de relixión e folclore, Samhain e culto á noite dos pobos nativos.
Noutros lugares, esta festa coñécese con outros nomes, pero o máis coñecido é Halloween.
Halloween é unha festa estadounidense na que os nenos disfrázanse e van polas casas pedindo larpeiradas, aínda que os que non teñan, deberían prepárarse, xa que algo horrible acontecerá.
Todas as tradicións transformáronse có paso do tempo en simples festas, perdendo o sagrado que posuían orixinalmente. De feito, cando se puxeron en contacto moitas culturas, algúns elementos destas tradicións mudáronse ás outras, substituíndo nalgúns casos elementos propios.
En definitiva, as tradicións cambian có paso do tempo e mestúranse os elementos destas cando as diferentes culturas toman contacto.
Agora que xa sabes un pouco máis destas tradicións e deste día, non agardes máis e prepara as larpeiradas, xa que te podes atopar con pequenas bruxas e pequenos diablillos que non te podrán as cousas fáciles…
No hay comentarios:
Publicar un comentario