24/3/08

A Cova Céltica


Tino Freire na Cova Céltica

"Estaban todos menos tú,
todos menos tú
y yo marcando el 369 22 30
sin escuchar lo lque me cuentan
todos menos tú,
todos menos tú..."

Con versos de Joaquín Sabina comezaba a Cova Céltica do pasado 12 de marzo. Tino Freire, o noso inspector de educación, veu cun bo feixe de pomas e novelas de diferentes autores para explicarnos POR QUE LER. A sesión deu comezo coa lectura de poemas: "Nocturno nº 2" de JOSÉ ASUNCIÓN SILVA, "La niña de siete años" de ANTONIO MARTÍNEZ SARRIÓN ou o poema de JOAQUÍN Mº BARTRINA titulado "De omni re scibili" que contiña versos tan e insólitos no mundo poético como:
"Gozar es tener siempre electrizada
la médula espinal,
y en si el placer es nada o casi nada:
un óxido, una sal.
¡Y aun dirán de la ciencia que es prosaica!
¿hay nada, vive Dios,
bello como la fórmula algebraica
C=Pi r2?"
A continuación o profesor Tino Freire, presentounos a novela de LUÍS LANDERO, Hoy Jupiter e sinalou como un dos valores máis importantes da novela a construcción dos personaxes, xa que segundo el o éxito dunha obra pode estar precisamente neles, xa que se son reais:
"nos identificamos, nos reflejamos en ellos y nos solidarizamos con ellos, con sus sentimientos... en una especie de sociedad secreta"
E para rematar, cando lle preguntamos pola lectura que más o impactou cando era un mozo, respondeu dicindo que "leer es una especie de estado de ánimo" xa que todos pasamos por diferentes momentos e as lecturas variarán dependendo do estado que atravesemos, iso fará que escollamos un xénero determinado (lírico, dramático...); non obstante sinalou a obra de MARIO VARGAS LLOSA, Conversación en la catedral, como unha obra que deixou nel unha profunda pegada cando a leu alá polos anos 80.
-Cris Asensio

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe, xoves 27 de marzo fomos o Club de Lectura onde tuvimos a oportunidade de coñecer e pasar unha tarde agradable en compañía de Manoel Riveiro Loureiro autor do libro "Xullo-Agosto". Contounos algúns detalles do libro e aclarounos as dúbidas que foron plantexadas.
Foi unha pena que non poideras vir.


Un saúdo.

Noemi Gestal e Lucía Llana

4ºC

Anónimo dijo...

Boas.Non tiven oportunidade hoxe de presentarme o clube de lectura,pois os exames tenme retido na casa.Hoxe exame contigo a última hora da mañá,ainda que non me deu tempo a rematalo todo.Agora toca facer a redacción que quedou pensento do exame sobre Álvaro Cunqueiro.Ata logo Cristina.

Jorge Mallo López 4ºC