Outro dos clásicos costumes é coller unha cabaza, deixala óca,
e facerlle uns buratos que simbolicen uns ollos e unha boca cadavérica.
Logo se lles mete dentro unha vea prendida para iluminalas
dende dentro. Nos Estados Unidos chámaselles "Jack-o-Lantern", unha
verba de evidente orixe irlandesa, pero ¿que sinifican?
son un antigo símbolo dun alma en pena. Tamén corre a
tradición de que o nome de "Jack-O-Lanterns" foi dado por un home
chamado Jack, que non poido entrar nin no ceo nin no inferno, e polo tanto,
andaba vagando na escuridade coa súa linterna atá a fin do mundo. E os máis
escabrosos din que a tradición provén dun antigo sinal para marca-las casas
daqueles satanistas na noite de Halloween.
O certo é que é máis creíble a versión que afirma que a xente
que saía pola
noite imitando ás fadas levarían ás veces nabos tallados
representando facianas.
Esta é a orixe do moderno "Jack-o-lantern".
No hay comentarios:
Publicar un comentario