("Trick or Treat") Esta é unha frase que adoitan
dici-los nenos que van pedindo lambetadas polas casas ó abri- las portas. Ten
unha orixe baseada nas fadas que andarían polos camiños esa noite. Ademáis das
fadas, moitas persoas estaban fóra de casa, ocasionando danos. Como esta noite
non pertencía nin a un ano nin ó seguinte, o pobo celta cría que o caos reinaba
durante esa noite, e a xente adoitaba facer brincadeiras e bromas pesadas. Isto
servía tamén coma saída final para os altos espritos antes de que chegase a
tristura do inverno Durante o decurrir destes sucesos, moitas persoas imitarían
ás fadas e irían de casa en casa pedindo galanos. Fallar en subministrar algún
regalo normalmente ocasionaría unha broma pesada para o dono da casa. Como as
fadas estaban fóra esta noite, adoitábaselles deixar un pouco de comida ou
leite nos chanzos da casa, e daquela o dono podería gaña-las benzóns da
"boa xente" (os trasnos e
fadas) para o ano vindeiro. Moitos dos donos tamén deixaban
fóra unha soupa para os espritos dos que marcharon.
No hay comentarios:
Publicar un comentario