1/11/13

O HALLOWEEN HOXE

Pero o Halloween non é só unha festa antiga. Inda hoxe hai quen a celebra, e non ó xeito tradicional con disfraces e lambetadas. Os practicantes do moderno "Wicca" (a moderna relixión da bruxería) teñen esta data coma unha das súas meirandes celebracións do ano, e non faltan mesmo aqueles que a queren convertir en oficial, chegando a pedir permisos especiais no traballo coma se tal cousa. Moitos seguidores de várias relixións pagáns observan este día como un festival relixioso. Celebran esta festa como día de relembranza ós amigos falecidos, e é inda unha noite especial para practicar várias formas de adiviñación e para comezar novos proxectos.
Segundo denuncian algunhas igrexas fundamentalistas cristiáns, algúns grupos aproveitan o Samaín para celebrar sacrifícios humáns.


OS DISFRACES


A práctica de poñerse un disfraz na festa de Halloween ten a súa orixe na noite na que os druídas acendían o lume central no que tódolos demáis debían ir prendendo o das súas lareiras. Durante ese ritual a xente levaba disfraces, feitos de cabezas de animais e peles, para asustar ós "malos espritos". Tamén podían ser unha representación gráfica das pantasmas e trasnos que axexaban na noite. 

No hay comentarios: